• servizos sarela 795x180

Noticias

Sabes cales son as secuelas do dano cerebral adquirido?

Sabes cales son as secuelas do dano cerebral adquirido?

As secuelas do DCA son diferentes, heteroxéneas e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión. FEGADACE e as asociacións galegas que a conformamos vimos de facer un vídeo para explicalas e destacar a importancia dunha rehabilitación especializada.

 

Co dano cerebral adquirido non falamos de discapacidade física, psíquica ou sensorial pois as secuelas poden presentarse en diferentes graos segundo a persoa. Estas secuelas podémolas clasificar, entre outras, en motoras, sensoriais, cognitivas, afectivo/emocionais, condutuais etc.

 

O traballo que podedes ver neste vídeo gravouse en Sarela, Adaceco na Coruña, Adace en Lugo, Alento en Vigo e Renacer en Ourense, as cinco asociacións de dano cerebral adquirido do país. A través do testemuño de diferentes persoas con dca, familiares e profesionais facemos un pequeno, tamén incompleto, pero intenso mapa das secuelas que o dca ten para as persoas e as súas familias.

 

 

 

Categorías: FEGADACE

Multimedia

  • Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

  • Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza.

    A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Abrirche a porta das nosas casas. Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. Que é un punto e seguido para unha nova vida.

    www.fegadace.org
    #puntoeseguido

  •  

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.