Santiago TV estivo no ensaio de Sarela e a Fábrica de chocolate

08/06/2016

A cadea local de televisión Santiago TV acompañounos no último ensaio que o noso grupo de teatro realizou no Auditorio de Galicia da que é a súa última obra, Sarela e a Fábrica de chocolate.Aquí podes ver a noticia que emitiron o día 6 de xuño no seu informativo.

 

A preparación desta obra de teatro, máis alá do seu carácter lúdico e de convivencia entre as persoas usuarias, familias, voluntariado e profesionais de Sarela, forma parte do programa de actividades que se desenvolven no noso Centro de atención diúrna terapéutica.

 

O traballo de creación e interpretación da obra é moi importante e permiten traballar aspectos como a memoria, a atención, o medo escénico ou o compañeirismo, como ben explica a nosa terapeuta ocupacional e unha das responsables da montaxe Noelia Rosende.

 

Categorías: Sarela , Teatro
Tags: Teatro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información