Momento do encontro en Santa Comba

Sarela achégase aos concellos da área de Santiago para informar sobre o DCA

16/11/2017

Vedra e Santa Comba foron os primeiros concellos da nosa área sanitaria nos que organizamos encontros para informar sobre as causas do dano cerebral adquirido, a súa prevención e recuperación. Con este traballo de divulgación, encadrado no Programa de información, orientación e apoio, continuamos co iniciado o ano pasado e no que as traballadoras sociais da asociación mantiveron 86 reunións con concellos, centros de saúde e hospitais.

Nos últimos meses as traballadoras sociais de Sarela visitaron 43 servizos sociais municipais, 39 centros de saúde, o CHUS e o Hospital do Barbanza, así como outros organismos, como primeira paso para dar a coñecer intensamente o dano cerebral adquirido entre a poboación e profesionais. Estes primeiros encontros con profesionais tiveron como obxectivos dar a coñecer os servizos de Sarela pero sobre todo  favorecer a eficacia da atención ao DCA coa coordinación con outros profesionais, a actualización continua de información sobre recursos, prestacións etc e planificar campañas de sensibilización.

Unha vez completado este traballo, o seguinte paso é organizar charlas nos concellos da área sanitaria de Santiago. Estes encontros, como os realizados en Vedra e Santa Comba, terán dúas modalidades. Por un lado haberá charlas abertas ao público no que se falará de aspectos xerais do DCA ou doutras temáticas máis específicas e, por outro, organizaremos charlas dirixidas a profesionais.

Aos encontros abertos de Vedra e Boqueixón asistiron unas cincuenta persoas e neles unha profesional de Sarela foi a encargada de achegar a información e responder ás dúbidas e inquedanzas. En datas próximas manteranse novas xuntanzas.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información