Momento da explicación do funcionamento do comunicador alternativo que funciona pola ollada.

Sarela e o Centro de Promoción da Autonomía Persoal de Bergondo intercambian experiencias

13/07/2017

Hoxe compartimos a mañá cunha representación das traballadoras e traballadores do CPAP (Centro de Promoción da Autonomía Persoal) de Bergondo (A Coruña). Oito profesionais de diferentes especialidades e o director do mesmo, Francisco Javier Nieto Pol, coñeceron a sede de Sarela e posteriormente xunto coas nosas profesionais fixeron unha posta en común de experiencias.

O CPAP de Bergondo está adscrito ao Imserso (Ministerio de Sanidade, Servizos sociais e Igualdade) e o seu labor é proporcionar os recursos axeitados para a rehabilitación das persoas con diferentes tipos e grados de discapacidade física e sensorial ou #danocerebraladquirido. O centro dispón dun total de 114 prazas de estancia limitada; 84 en réxime de internado e 30 en réxime de media pensión. Do total de prazas, 40 están reservadas para persoas con DCA (dano cerebral adquirido).

A xornada de traballo comezou sobre as dez e media da mañá cunha visita ao centro para coñecer a actual sede e as súas dotacións (salas de fisioterapia, sala multisensorial, piscina adaptada, comunicador alternativo a través da ollada etc) para posteriormente participar nunha xuntanza na que analizaron o funcionamento dos servizos de Sarela (Centro de Día, Centro ocupacional e Atención Especializada) así como os programa de información, orientación e apoio a familias e de voluntariado.

Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información