Sarela edita un novo folleto informativo

23/07/2015

O documento recolle os servizos e contacto da asociación.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela acaba de editar un novo folleto informativo. O folleto, con formato de tríptico, empregarase para dar a coñecer a asociación na área sanitaria de Compostela, especialmente naqueles lugares nos que pode haber persoas que precisen os seus servizos, como hospitais e centros de saúde.
 
O novo tríptico de Sarela amosa os datos de contacto e o horario de apertura do centro do Traspaxonal. Inclúe unha breve descrición do que é o dano cerebral adqurido, sinalando as súas principais causas: ictus e traumatismos cranioencefálicos.
 
No interior do folleto explícase brevemente que é a asociación e detállanse os servizos que proporciona: Centro de atención diúrna terapéutica, Centro de atención e rehabilitación, Sensibilización e prevención do dano cerebral, Información, orientación e apoio a familias, Voluntariado e Construíndo futuro (o programa para a xente nova con DCA).
 
O deseño foi realizado no estudio Uqui, e conta con fotografías realizadas polo equipo da asociación e por La Diapo.
 
O folleto está dispoñíbel no centro para calquera persoa que poida necesitar asesoramento ou información sobre o dano cerebral.
 
    Folleto (exterior) Folleto (interior)

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información