Sarela publica o seu segundo boletín online

29/04/2015

A versión en papel de 'Facendo Camiño' foi enviada ás persoas socias semana pasada.

Sarela publicou onte o segundo número do seu boletín online. A revista online, de periodicidade semestral, pódese consultar na páxina web de Sarela, onde tamén se pode formalizar a subscrición. O boletín online acompaña o 16º número do boletín en papel 'Facendo Camiño', que se enviou ás persoas socias a semana pasada.
 
O boletín 'Facendo Camiño' leva publicándose desde 2007 e inclúe toda a actualidade da Asociación de Dano Cerebral de Compostela. Informa sobre as actividades, os programas, a administración, as persoas usuarias, e calquera outra cuestión de interese de Sarela.
 
O exemplar recén publicado -número 16 en papel, número 2 na versión online- está encabezado por un artigo do secretario de Sarela, Luciano Fernández, no que detalla os retos da asociación unha vez asentada no centro do Traspaxonal.
 
Ademais, recolle información sobre as actividades deportivas e de promoción do emprego do programa Construíndo Futuro, realiza unha ampla cobertura do traslado e estrea das novas instalacións, e ilustra a Xornada de Deporte Adaptado celebrada polo Día da Discapacidade. Varias noticias breves proporcionan toda a actualidade da asociación, que pecha o boletín cos logos das entidades colaboradoras con Sarela.
 
Para recibir o boletín en papel cómpre ser socio ou socia de Sarela. Para subscribirse ao boletín online só se precisa un enderezo de correo electrónico e cubrir este formulario.
 
pdf
  • Facendo Camiño nº 16
  • Número 16 do boletín Facendo Camiño de Sarela (correspondente a marzo de 2015).

  • Baixar ficheiro
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información