Sarela traslada ao Ministerio de Sanidade a necesidade de equilibrar o sistema para prestar os mesmos servizos en todos os territorios

02/02/2017

Borja Fanjul, Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, visitou esta mañá o centro de Sarela. A Xunta directiva da asociación tamén trasladou a preocupación ante o previsible cambio na xestión do 0’7% do IRPF destinado a fines sociais como consecuencia da recente sentencia do tribunal constitucional.

Esta mañá visitou o centro de Sarela Borja Fanjul, Director Xeral de Políticas de Apoio á Discapacidade do Ministerio de Sanidade, quen tivo ocasión de compartir coas persoas usuarias parte da actividade que pola mañá se desenvolve tanto no centro de día como no ocupacional e coñecer de primeira man acompañado polas profesionais de Sarela o funcionamento global do centro e de dotacións máis específicas.

 

Na xuntanza mantida posteriormente coa xunta directiva de Sarela falouse das problemáticas que existen en torno á atención ao DCA. Nese sentido, a directiva de Sarela incidiu na necesidade de, a través da comisión interterritorial, traballar para equilibrar o sistema para prestar os mesmos servizos en todos os territorios. Para iso, pediuse aos representantes institucionais presentes, buscar unha maior coordinación para optimizar os usos de moitos servizos actualmente pouco coñecidos.

 

Outros temas que saíron na xuntanza foi a preocupación existente no terceiro sector polo previsible cambio na xestión do 0’7% do IRPF destinado a fines sociais como consecuencia da recente sentencia do tribunal constitucional e pola que a xestión dos fondos para asuntos sociais da X Solidaria é competencia das comunidades autónomas.

 

Desde a Xunta directiva de Sarela trasladouse ao director xeral o seu agradecemento pola sensibilidade e interese amosado e a vontade de manter aberta unha comunicación directa para buscar solucións no ámbito da atención ao dano cerebral.

 

Na visita tamén estiveron Fabiola García, Directora Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellaría de Política Social e Alfonso Alonso Fachado, subdirector xeral  de Planificación e Programación Asistencial da Consellaría de Sanidade en representación da Xunta de Galicia; Luciano Fernández, presidente de FEGADACE e FEDACE e secretario de Sarela; José Balboa, presidente da nosa asociación e outros integrantes da súa directiva.

 

Categorías: Dano Cerebral Adqurido

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información