• servizos sarela 795x180

Noticias

Tes ou coñeces alguén con máis de 65 anos, experiencias e tempo para compartir?

Tes ou coñeces alguén con máis de 65 anos, experiencias e tempo para compartir?

FEGADACE puxo en marcha a finais do ano pasado o seu proxecto para a creación de 'Redes de apoio mutuo entre persoas maiores e con DCA', que conta co apoio da Fundación La Caixa, e no Sarela tamén participa a través do programa de voluntariado.



Este proxecto ten como obxectivo promover a independencia, a autonomía persoal e a calidade de vida das persoas maiores e das persoas con discapacidade a través da creación dunha rede de apoio mutuo na que persoas con dano cerebral adquirido e persoas maiores colaboren, a través do voluntariado, para fortalecer a súa contorna relacional e diminuír o illamento social.



Sarela ten varias propostas para as persoas que queiran participar:

 

  • Axudarnos co vestiario e decorado da obra de teatro que estrearemos no mes de xullo.
  • Participar nalgunhas das actividades que facemos nos nosos servizos. Por exemplo, axudando na práctica da lectura e escritura das persoas con dano cerebral, no obradoiro do novas tecnoloxías, na actividade de deporte adaptado ou na campaña de sensibilización sobre ictus.

 

Se queres máis información ponte en contacto con nós a través desta canle, do teléfono 981 577037 ou no correo voluntariado@sarela.org

 

 

Categorías: FEGADACE , Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.