Torneo solidario en beneficio de Sarela

22/11/2016

Do 28 de novembro ao 17 de decembro o ximnasio Squash Santiago organiza o Torneo solidario en beneficio de Sarela. As inscricións están abertas e quen o desexe pode participar nas competicións de squash, tenis e pádel.

Do 28 de novembro ao 17 de decembro o ximnasio Squash Santiago organiza o Torneo solidario en beneficio de Sarela. As inscricións están abertas e quen o desexe pode participar nas competicións de squash, tenis e pádel.

 

En squash hai tres categorías: masculina, feminina e sub15. En tenis catro categorías: feminino, masculino, sub10 e sub15. En pádel ademais das categorías feminina e masculina tamén haberá unha competición para equipos mixtos. A inscrición pode facerse na web do xinmansio Squash Santiago ata as 22 horas do xoves 24 cunha cota de 10 euros para as persoas que non son socias do ximnasio e 5 para as socias.

 

O torneo é aberto e as inscricións irán destinadas Sarela. Haberá tamén unha fila cero para aquelas persoas que queiran colaborar e non participar na competición. Esta non é a primeira vez que desde Squash Santiago se organiza un torneo para darlle visibilidade ao dano cerebral adquirido e desde Sarela agradecemos a súa colaboración.

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información