Últimos días para encargar a camiseta solidaria do Biduído

10/07/2014

Hai varias tallas e as seguintes cores: branco, gris, negro, vermello, azul e pistacho.

O prazo para encargar a camiseta solidaria do Biduído está a punto de rematar, pero aínda se poden facer reservas. A camiseta está dispoñíbel en varias cores, tallas e modelos, e é unha iniciativa solidaria do club de fútbol Biduído S.R.
 
O Biduído decidiu celebrar o seu 31 aniversario de maneira solidaria, editando unha taza e unha camiseta a beneficio da Asociación de Dano Cerebral de Compostela, e organizando un partido para recadar fondos que os enfrontou coa S.D. Compostela.
 
A camiseta solidaria conta cun modelo de home e outro de muller. Ambos os dous poden adquirirse nas tallas S, M, L e XL, nas seguintes cores: branco, gris, negro, vermello, azul e pistacho. A prenda leva unha ilustración e o lema do movemento asociativo do dano cerebral: "unha vida salvada merece ser vivida" e custa 7 euros.
 
O día 15 de xullo remata o prazo para facer reservas. Ata ese día, quen queira pode escoller o seu modelo e reservar a súa camiseta solidaria achegándose ou contactando con Sarela. Tamén a través da tenda online.
 
    Camiseta solidaria
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información