Momento do acto na Praza do Obradoiro

Unha gran X Solidaria anima a marcar o cadro de fins sociais

05/04/2018

Máis de 400 persoas de distintas entidades sociais de Galicia debuxamos na Praza do Obradoiro unha gran X solidaria para presentar a campaña que anima á cidadanía a marcar o recadro106 na súa declaración da renta para destinar a fins sociais parte do que aportan aos recursos públicos.

Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación da nova campaña da “X Solidaria” que este ano reuniu na capital a máis de 400 persoas que “debuxaron” sobre o chan do Obradoiro a forma dunha “X”, visibilizando así a importancia de marcar a casiña de FINS SOCIAIS na declaración da renda.



Moitos destes beneficiarios incidiron durante o acto na importancia de marcar o recadro 106 de “Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social” na declaración, pois “trátase dun simple xesto que non custa nada, e que axuda a moitas persoas a través de programas tan diversos como atención de persoas sen fogar, persoas con discapacidade, maiores, mulleres en dificultade social, vítimas de violencia de xénero…”



A vicepresidenta de EAPN-Galicia, Mónica Permuy, o presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha e a representante da Coordinadora Galega de ONGD Lorena Seijo, explicaron neste acto a importancia de marcar a X, “que beneficia directamente a milleiros de persoas en Galicia como as que hoxe están aquí. En palabras de Mónica Permuy, “Hoxe as organizacións que representamos ao Terceiro Sector galego queremos facer un chamamento á cidadania para que marque o recadro do X Solidario. Como sabedes, a Administracion ofrécenos a posibilidade de decidir a que queremos destinar unha parte do diñeiro que se recada cos nosos impostos. En concreto o 0,7 %. Ese porcentaxe irá destinado a facer proxectos sociais para as persoas en risco de exclusión social. España é un dos países con máis desigualdades dentro da Unión Europea. Hai 13 milllóns de persoas que están en situación de pobreza e se tódalas persoas que non marcan a X Solidaria o fixeran, poderíamos recadar 11 millóns de euros máis”.



Pola súa banda, o pesidente do CERMI, Iker Sertucha tamén quixo incidir na “necesidade de manter a calidade e filosofía destes fondos de acción social” que ata agora xestionaba o Ministerio, pero que a partir do próximo ano xestionará a Xunta de Galicia.  “É unha boa nova que permitirá unha maior proximidade ás persoas e ás necesidades, pero para iso débense manter os criterios do presente modelo. Nos queremos instar, en primeiro lugar, a que o 100% do diñero vaia íntegramente destinado a política social, en segundo lugar, que estes cartos estén destinados a ONGS que estén inscritas e recoñecidas na nosa comunidade autónoma e en terceiro lugar pedimos que haxa menos burocracia na documentación e que no último trimestre do ano sexa comunicada a resolución e ingresados os cartos para poder poñer en marcha os proxectos”.



Tanto os beneficiarios alí presentes como os responsables das ONG organizadoras, tamén coincidiron en destacar que se trata “dun dereito que temos todos: escoller a onde van a parar os nosos impostos.  “O que pretendemos con esta campaña, é animar á xente a que marque o recadro de “Actividades de interese xeral”, porque non estaremos pagando máis impostos, nin recibiremos menos cartos no caso de devolución: o que faremos será contribuir á organización de programas e proxectos para as persoas en risco de excusión social”.

 

Texto da web de FEGADACE.

 

Categorías: Discapacidade
Tags: X Solidaria

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información