XV Xornada de Sensibilización na Comunidade en Área Central

19/12/2013

O venres, 20 de decembro, de dez da mañá a dúas da tarde.

A Xornada de Sensibilización na Comunidade é unha iniciativa que promove a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela para expoñer á sociedade compostelá o seu traballo, principios, reivindicacións e obxectivos. Este venres celébrase a súa XV edición.
Persoas con dano cerebral adquirido, familiares e persoal técnico de Sarela atenderán as dúbidas e necesidades de todas as persoas que se acheguen ao posto que van colocar no centro comercial Área Central, no barrio das Fontiñas. Será o 20 de decembro, de dez da mañá a dúas da tarde.
 
Ademais de información sobre o dano cerebral adquirido e sobre a asociación, Sarela vai expoñer o traballo realizado nos obradoiros de manualidades polas persoas usuarias da asociación. Broches de fieltro, pinzas para o pelo, caixas pintadas ou traballos en coiro forman parte do catálogo que a asociación vai amosar nesta xornada.
 
Sarela organiza as Xornadas de Sensibilización na Comunidade dúas veces ao ano, e en diferentes espazos de Compostela: centros comerciais, mercadiños cívicos, na rúa...
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información