Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que cada ano se celebra o día 3 de decembro, o CERMI fai público o seguinte manifesto co título "As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia". Dispoñible en versión de lectura fácil e pictogramas.
O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) elixiu onte en asemblea extraordinaria a Luciano Fernández Pintor como novo presidente da entidade. Luciano Fernández é o actual secretario da Xunta Directiva de Sarela e, na súa representación, presidente de Fegadace e Fedace, as federacións galega e española de dano cerebral.
O martes 3 de decembro máis de 80 entidades entidades sociais de toda Galicia celebramos un ano máis o Día Internacional das Persoas con Discapacidade coa iniciativa colaborativa “Baixo o mesmo paraugas. Galicia pola diversidade”. A diferenza doutros anos, a situación creada pola Covid-19 impedirá desenvolver os actos públicos que se desenvolvían nas cidades pero as entidades realizarán actividades a distancia así como a publicación e lectura do manifesto reivindicativo redactado para conmemorar este día.
Este é o Manifesto que a Fundación Cermi Mujeres publica hoxe, 25 de novembro, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Podes lelo completo a continuación e na súa versión en lectura fácil.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá mañá martes e terá unha duración de sete días hábiles. Ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos.
Dunha lectura rápida do citado Real Decreto Lei, a efectos das persoas con discapacidade e as súas familias, o CERMI extrae as seguintes medidas que benefician a este sector social, e que responden á demanda exposta polo CERMI aos poderes públicos en xeral e ao Goberno de España, en particular, de outorgar unha protección reforzada ás situacións de discapacidade nesta crise de saúde pública.
Con motivo da celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller, a Comisión da Muller do CERMI Galicia organiza o martes 10 a xornada “Mulleres con discapacidade ante a violencia. Estamos protexidas?” na que abordar a situación das mulleres con discapacidade ante as distintas violencias machistas. Rocío García, directora de Sarela, participará, xunto con outras representantes de entidades do terceiro sector, na mesa redonda “Experiencias: mulleres con discapacidade ante a violencia”
"Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, instaurado pola Organización das Nacións Unidas. É un día para celebrar, para saír á rúa, para reivindicar, pero sobre todo para dar voz aos desexos e ás demandas de miles de persoas que en todo o mundo compartimos un mesmo fin: queremos unha vida digna e plena, como a de calquera outro cidadán".