Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Hai 15 días hábiles desde a data de publicación no boletín oficial da provincia o xoves 28 de xuño. As axudas procuran facilitar o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, sexa por ter unha discapacidade ou por ser persoas maiores residentes no rural do municipio.
Máis de 400 persoas de distintas entidades sociais de Galicia debuxamos na Praza do Obradoiro unha gran X solidaria para presentar a campaña que anima á cidadanía a marcar o recadro106 na súa declaración da renta para destinar a fins sociais parte do que aportan aos recursos públicos.
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade publica anualmente a Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.
Desenvolveranse en Bergondo e en Nigrán. As solicitudes e documentación pódense presentar ata o 2 de maio. Toda a información da oferta, impresos etc nesta nova.
O estudio elaborado polo CERMI e o INJUVE destacan que a taxa de emprego dos mozos e mozas con discapacidade é a metade en relación ao seu grupo de idade. Estes datos empeoran no caso das mulleres.
Coa reforma esa comisión poderá culminar o proceso de tramitación e aprobación de iniciativas lexislativas sen ter que elevalas necesariamente ao Pleno. Na mesma sesión tamén se outorgou a mesma capacidade á Comisión para o Estudo do Cambio Climático. O Cermi (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) augura unha lexislatura "moi positiva para as políticas de discapacidade".
Nesta entrevista publicada en La Voz de Galicia Mar Caamaño, vogal da xunta directiva de Sarela, fala sobre a perda do dereito a voto da súa filla Mara logo da solicitude de incapacitación parcial. Os tribunais non atenderon o desexo da familia de respectar os seus dereitos personalísimos como son o do voto.
Manifesto do CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade) con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade.