Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
A súa valentía á hora de afrontar publicamente o ictus, a particular fortaleza amosada como muller con potenciais secuelas en forma de dano cerebral adquirido (DCA), e a naturalidade no retorno ao traballo e á normalidade despois da doenza fixeron á xornalista María Escario merecedora do V Premio FEGADACE – Miguel Blanco.
FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) conmemora este ano o seu 10º Aniversario e para celebralo a noso tradicional Foro de Familias será unha gran festa na que terán cabida todo o movemento asociativo do dca. Celebrarémola en Santiago de Compostela o sábado 17 de xuño.
FEGADACE fai dez anos en 2017. A voz común de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela) acada a súa primeira década de vida avanzando "pasiño a pasiño" cara o benestar de todas as familias e persoas con dano cerebral adquirido.