• slide interiores

Noticias

Está vostede a visualizar 79 noticias na categoría HOME2

Información da reunión da Xunta directiva do mes de xaneiro

Onte a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa primeira reunión ordinaria do ano. Nesta ocasión o órgano de dirección traballou sobre o programa de actividades a desenvolver en 2018 e en asuntos de xestión como son a execución e planificación orzamentaria. Tamén se aprobou o novo mapa de procesos de calidade dos servizos de Sarela e comezouse a preparar a asemblea xeral de socios/as deste ano.
Categorías: Sarela

Comunicar o Dano Cerebral Adquirido: María Teresa Campos vs Alan Shearer

Comunicar o Dano Cerebral Adquirido: María Teresa Campos vs Alan Shearer
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Xulio Abollo (responsable de comunicación en Sarela) reflexiona sobre a necesidade de dar a coñecer o dano cerebral adquirido en toda a súa complexidade.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos

Nova experiencia de voluntariado co apoio da app Mefacilyta

Nova experiencia de voluntariado co apoio da app Mefacilyta
Sarela e Agadea somos dúas asociacións amigas que traballamos no ámbito do dano cerebral e do Alzheimer respectivamente. Desde hai unhas semanas estamos a colaborar para que Isaías, un dos nosos socios con DCA, dinamice un grupo para xogar ao boccia no centro de día de Agadea. El vai como voluntario e para iso axúdase da aplicación Mefacilyta para o teléfono.
Categorías: Sarela

Unha gran familia sen parentesco

Unha gran familia sen parentesco
Novo artigo da serie que elabora o equipo de profesionais de Sarela. Nesta ocasión, Álvaro Suárez, Fátima Cabanas, Noelia Rosende e Susana Quintáns, que forman o grupo de auxiliares no noso centro, explícannos cales son as súas funcións no día a día.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos

Sarela reclama unha estratexia nacional de atención ao DCA

Sarela reclama unha estratexia nacional de atención ao DCA
Como cada 26 de outubro Sarela celebra hoxe o Día do Dano Cerebral Adquirido con varias actividades para sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade a esta discapacidade. O acto principal foi unha camiñada pola cidade vella de Santiago na que participaron unhas 100 persoas entre persoas con DCA, familiares, amigos/as da asociación así como representantes dos grupos políticos do Concello.
Categorías: Sarela

De visita na Coruña

De visita na Coruña
Este sábado un grupo de aproximadamente 20 persoas usuarias dos diferentes servizos de Sarela fixeron unha excursión á Coruña. Isto permitiu que as familias tiveran este día para descansar e facer actividades que habitualmente non poden realizar.
Categorías: Sarela
Tags: Sarela

Fisioterapia no DCA: por qué non funcionan os protocolos?

Fisioterapia no DCA: por qué non funcionan os protocolos?
Neste artigo Laura Martínez e Emily dos Santos, fisioterapeutas en Sarela, fálannos de cómo enfocan elas o traballo con persoas con DCA e dos condicionantes que atopan nunhas persoas que poden ter asociadas alteracións cognitivas, funcionais ou de linguaxe que van influír na recuperación.
Categorías: Sarela , Artigo

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela
Hoxe compartimos o primeiro dos vídeos que fixemos para explicar a actividade acuática en Sarela atendendo a diferentes perfiles de persoas usuarias e dos obxectivos a traballar. Laura Martínez, unha das nosas fisioterapeutas, preséntanos a piscina e fai un pequeno resumo dos beneficios do traballo na auga.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.