Novas

  • O reto de natación en augas abertas entre O Grove e Ribeira celebrarase o 29 de xullo. A saída será na praia de Confín e a chegada na de Coroso despois de percorrer 7,05 millas náuticas (13.057 metros). A iniciativa, que nace en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, busca visibilizar o Dano cerebral Adquirido. Se queres colaborar economicamente podes facelo de dous xeitos e o recadado será destinado ao equipamento da piscina accesible de Sarela.

    Ler máis
    27/07/2023
  • No mes de xullo volve a travesía a nado Arousaman e Arousawoman, que naceu en 2015 como unha proba non competitiva para dar visibilidade ao DCA. Celebrarase o 29 de xullo e como noutras edicións os fondos recadados serán destinados a Sarela. Se queres colaborar coa Fila 0 poñemos á disposición un código Bizum para facelo.

    Ler máis
    14/06/2023
  • Tomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidades é o obxectivo deste grupo formado por persoas con dano cerebral. Elas e eles serán persoas empoderadas e activas na relación con institucións, administracións, entidades empresarias, medios de comunicación etc para reivindicar os dereitos das persoas e familias con DCA, trasladar propostas para mellorar a súa situación e dar a coñecer a diversidade desta discapacidade.

    Ler máis
    01/06/2023
  • A asemblea de persoas socias, celebrada o venres 24, tamén ratificou o Plan Estratéxico de Sarela para 2023 e 2024 así como as memorias de actividades e económicas do ano pasado. Toda a documentación xa está dispoñible na sección de transparencia da web.

    Ler máis
    27/03/2023
  • A continuación reproducimos o manifesto reinvindicativo que, con motivo da celebración hoxe da Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mulleres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Na fotografía da noticia, mulleres usuarias e profesionais de Sarela súmanse ao lema “Eu decido”.

    Ler máis
    08/03/2023
  • ***Campaña finalizada*** (actualización do 13 de xuño de 2023). Recentemente Sarela comezou a atender a unha familia inmigrante que está en situación de exclusión social. A familia está formada por 3 mulleres, unha das cales ten o DCA e outra é unha menor de 10 anos. Agora poñemos a disposición de quen desexe axudar a esta familia dun Bizum de Sarela.

    Ler máis
    27/02/2023
  • “Presentámonos. Somos un grupo de persoas con Dano Cerebral Adquirido usuarias dos servizos de Sarela e estamos a compartir con vós moitos temas interesantes. Queremos que desfrutedes, vos emocionedes, alegredes e incluso vos enfadedes lendo as nosas entradas. O que non queremos e que quededes indiferentes”. Así se expresan os/as administradores/as do blog de Sarela e que son persoas usuarias dos servizos da entidade.

    Ler máis
    18/01/2023
  • Cada ano Sarela edita un calendario que cambia o seu enfoque pero sempre trata un aspecto do Dano Cerebral ou da propia entidade. En 2023 o calendario xiran en torno a 12 montaxes fotográficas que simbolizan as afeccións, gostos, desexos, inquedanzas etc das persoas que as protagonizan.

    Ler máis
    10/01/2023

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información