• slide interiores

Noticias

Está vostede a visualizar todas as noticias

Por unha xustiza real para as mulleres con discapacidade

Por unha xustiza real para as mulleres con discapacidade
Manifesto que con motivo do 8 de marzo fixo público a Fundación CERMI Mujeres.
Tags: 8 de marzo, CERMI

O papel das coidadoras

O papel das coidadoras
Este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, quérese facer patente que o sistema sería inviable sen por exemplo traballos como o que realizan maioritariamente mulleres coidando de persoas maiores, depententes ou dos nenos e nenas. Entrevistamos a María José Rama, coidadora de seu irmán con dano cerebral adquirido, para coñecer de primeira man as inquedanzas e cambios que debe asumir ante unha nova situación.

Outes, O Pino e Arzúa, próximas charlas para informar á poboación sobre o dano cerebral adquirido

Outes, O Pino e Arzúa, próximas charlas para informar á poboación sobre o dano cerebral adquirido
O encontro en Outes será o xoves 22 ás 18:30 horas no centro de Saúde e no Pino o venres 23 ás 18 horas no Centro Sociocultural Luís Seoane de Arca. Xa en marzo, en Arzúa estaremos o venres 9 ás 12 horas da mañá na Capela da Madanela. Nesta última cita a xente interesada deberá inscribirse previamente no Departamento de Servizos Socias situados na Casa do Concello.
Categorías: Sarela

Actos informativos en Negreira

Actos informativos en Negreira
O venres 2 de febreiro estaremos no Concello de Negreira con dous actos informativos que organizamos como parte do noso traballo de información sobre o Dano Cerebral Adquirido entre a poboación da área sanitaria de Compostela.
Categorías: Sarela

Información da reunión da Xunta directiva do mes de xaneiro

Onte a Xunta directiva de Sarela celebrou a súa primeira reunión ordinaria do ano. Nesta ocasión o órgano de dirección traballou sobre o programa de actividades a desenvolver en 2018 e en asuntos de xestión como son a execución e planificación orzamentaria. Tamén se aprobou o novo mapa de procesos de calidade dos servizos de Sarela e comezouse a preparar a asemblea xeral de socios/as deste ano.
Categorías: Sarela

Continuamos coas charlas abertas ao público e para profesionais para informar sobre o dano cerebral adquirido

Continuamos coas charlas abertas ao público e para profesionais para informar sobre o dano cerebral adquirido
Padrón e Negreira son os concellos da área sanitaria de Santiago aos que nos achegaremos nos próximos días para informar sobre o dano cerebral adquirido. O venres 19 estaremos en Padrón nun encontro aberto ao público e o venres 2 de febreiro en Negreira tamén nun acto aberto e noutro destinado a profesionais do servizo de axuda no fogar.
Categorías: Sarela

Novo número do boletín Facendo Camiño

Novo número do boletín Facendo Camiño
Xa temos para a súa descarga o último número do boletín Facendo Camiño e no que adoitamos facer unha exposición dos asuntos máis importantes da asociación.
Categorías: Sarela

Sarela deséxavos feliz Nadal e o mellor para o ano 2018

Sarela deséxavos feliz Nadal e o mellor para o ano 2018
As persoas asociadas, a xunta directiva, os voluntarios/as e as traballadoras/es que formamos Sarela queremos desexarvos unhas boas festas e unha boa entrada no novo ano.
Categorías: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.