• slide interiores

Noticias

Está vostede a visualizar 98 noticias coa etiqueta Sarela

Como traballar a disociación de movementos ou a coordinación na piscina accesible

Como traballar a disociación de movementos ou a coordinación na piscina accesible
Neste novo vídeo da actividade en piscina Majo Hermida, unha das nosas terapeutas ocupacionais, explícamos a sesión cunha persoa que traballa a disociación de movementos de brazos e pernas, a coordinación, o equilibrio ou o cambio rápido de posicións. O obxectivo é automatizar eses movementos para empregalos no seu día a día.
Categorías: Sarela

Novo vídeo explicativo da terapia en piscina

Novo vídeo explicativo da terapia en piscina
Nesta ocasión explicamos o traballo que realiza unha persoa con DCA con problemas de mobilidade.
Categorías: Sarela

De visita na Coruña

De visita na Coruña
Este sábado un grupo de aproximadamente 20 persoas usuarias dos diferentes servizos de Sarela fixeron unha excursión á Coruña. Isto permitiu que as familias tiveran este día para descansar e facer actividades que habitualmente non poden realizar.
Categorías: Sarela
Tags: Sarela

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela

Primeiro vídeo da actividade acuática en Sarela
Hoxe compartimos o primeiro dos vídeos que fixemos para explicar a actividade acuática en Sarela atendendo a diferentes perfiles de persoas usuarias e dos obxectivos a traballar. Laura Martínez, unha das nosas fisioterapeutas, preséntanos a piscina e fai un pequeno resumo dos beneficios do traballo na auga.
Categorías: Sarela

Coñece a piscina accesible de Sarela e a actividade acuática

Coñece a piscina accesible de Sarela e a actividade acuática
Unha das dotacións que ten Sarela no seu centro é a piscina accesible. Nela desenvolvemos a actividade acuática que é un complemento terapeútico e lúdico ao proceso de rehabilitación das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).
Categorías: Sarela

"Sodes un exemplo de superación"

"Sodes un exemplo de superación"
Carlos Beade, usuario do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) entrevista a María López e Cristina Rivas, dúas estudantes que están facendo prácticas con nós, e que este mes publicamos no boletín Día a día realizado neste servizo.
Categorías: Sarela
Tags: SADT, Sarela

O valor do empoderamento

O valor do empoderamento
Quinto artigo da serie que estamos a publicar por especialidades. As nosas educadoras socias fálannos de importancia de que as persoas con dano cerebral tomen conciencia dos seus dereitos, capacidades e intereses e comecen a defendelos, a decidir sobre a súa vida e a participar na sociedade en igualdade de condicións. Tamén afrontan o papel da familia, que deben asumir e axudar a que esa persoa encontre o equilibrio entre o que era e o que é.
Categorías: Sarela , Artigo
Tags: Artigos, Sarela

O centro de saúde da Estrada recoñece o labor de Sarela na información e prevención do DCA

O centro de saúde da Estrada recoñece o labor de Sarela na información e prevención do DCA
O presidente da asociación, José Balboa, recolleu o diploma outorgado por este centro como recoñecemento ás boas prácticas desenvolvidas en relación á información e prevención do dano cerebral adquirido. O encargado de entregar o diploma foi Juan Sánchez Castro, xefe de servizo do centro.
Categorías: Sarela
Tags: Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.