Novas

Subscríbete ao noso boletín

Recibe novas no teu email

  • Momento da lectura do manifesto na Praza do Obradoiro

    Como cada 26 de outubro Sarela celebra hoxe o Día do Dano Cerebral Adquirido con varias actividades para sensibilizar, reivindicar e dar visibilidade a esta discapacidade. O acto principal foi unha camiñada pola cidade vella de Santiago na que participaron unhas 100 persoas entre persoas con DCA, familiares, amigos/as da asociación así como representantes dos grupos políticos do Concello.

    Ler máis
    26/10/2017
  • Este xoves, como cada 26 de outubro desde hai 10 anos, conmemórase o Día do Dano Cerebral Adquirido. Un ano máis Sarela, como o resto de entidades do movemento asociativo do DCA, organiza actividades co obxectivo de celebrar este día pero sobre todo para poñer o foco nas dificultades que a día de hoxe teñen as persoas con DCA para acceder a unha rehabilitación axeitada, garantir a calidade de vida, procurar a súa inclusión social e apoiar ás familias.

    Ler máis
    23/10/2017
  • O Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Sarela comezou a súa andaina en novembro de 2016. Estes meses desde a súa posta en marcha implicaron un traballo intenso ao non existir ata este momento un centro deste tipo orientado ás persoas con dano cerebral adquirido que buscaban normalizar a súa vida sociolaboral. Foron meses de axustes e de dar a coñecer o servizo pero tamén de éxitos, os que representan as seis insercións acadadas entre as persoas que participaron nas súas actividades.

    Ler máis
  • Este sábado un grupo de aproximadamente 20 persoas usuarias dos diferentes servizos de Sarela fixeron unha excursión á Coruña. Isto permitiu que as familias tiveran este día para descansar e facer actividades que habitualmente non poden realizar.

    Ler máis
    02/10/2017

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información