• Sarela

QUEN SOMOS?

    • Obradoiro de novas tecnoloxías
    • Obradoiro de manualidades
    • Obra de teatro
    • Actividade en exterior
    • Centro ocupacional
    • Actividade en exterior. Biblioteca.
  • Anterior
  • Seguinte

Imaxes dalgunhas das actividades e servizos de Sarela.
Preme na imaxe para ver a seguinte.


SARELA somos unha entidade sen ánimo de lucro creada en decembro de 2000 por familiares e persoas con dano cerebral adquirido (DCA) e que desenvolve o seu labor fundamentalmente nos concellos que configuran a área sanitaria de Santiago.

Temos como obxectivos fundamentais promover a defensa conxunta dos dereitos destas persoas e familias; a súa integración e normalización social, e o seu coidado, asistencia e protección. Entre os fins principais da asociación tamén están os de orientación e información así como o de prevención do DCA e os seus efectos.

Actualmente a nosa base social está formada por case 600 persoas entre socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as e profesionais, que traballamos para acadar a misión de mellorar a calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e a das súas familias.


Unha vida salvada merece ser vivida... con dignidade


Este é o lema que acompaña desde hai anos ao movemento asociativo vinculado ao dano cerebral adquirido. Nós queremos que o maior número de persoas nos acompañen nesta travesía que non disimulamos que é dura e difícil. É unha viaxe difícil, cansa ás veces, pero ao final terá a súa recompensa.

Acompáñanos nesta travesía que Sarela leva realizando dende o ano 2000. Non podemos disimular que é unha viaxe dura e difícil, cansa ás veces, e non exenta de frustracións, pero ao final terá a súa recompensa; de feito, tena día a día.

Pretendemos devolver a ilusión a aquelas persoas ás que a vida llela arrebatou, poñerlle cara ás ignoradas, dar voz a quen enmudeceu, levantar a quen caeu.

Imos recuperar o estatus da persoa e do cidadán para aqueles que só son número e estatística. Recuperar para eles e para elas o dereito de gozar dunha vida digna.

É por iso que, unha vez máis, pedímosche que nos acompañes, que compartas connosco eses valores e esa necesidade de axudar aos que non se poden axudar a si mesmos. Iso faranos máis grandes como persoas e máis fortes como grupo e como sociedade.


[Na sección TRANSPARENCIA  desta web podes acceder aos estatutos e demais información de interese sobre Sarela como son os seus orzamentos, memorias de actividades etc.]

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.