• banner servizos

A NOSA SEDE

    • Sede de Sarela. Vista exterior.
    • Sede de Sarela. Sala de fisioterapia.
    • Sede de Sarela. Vista exterior.
    • Sede de Sarela. Sala multisensorial.
    • Sede de Sarela. Piscina accesible.
    • Sede de Sarela. Sala polivalente.
    • Sede de Sarela. Sala de informática.
  • Anterior
  • Seguinte

Imaxes exteriores e interiores da sede de Sarela.
Preme na imaxe para ver a seguinte.

A sede de Sarela está situada no barrio do Castiñeiriño e inaugurámola oficialmente en decembro de 2016. É o resultado da suma de esforzos e compromisos: do Concello de Santiago cedéndonos a parcela, da Deputación da Coruña implicándose na súa construción e equipamento e, o máis importante, de toda a cidadanía que grazas ao 0’7 solidario do IRPF achegou a maior parte do investimento.

As instalacións destinadas aos distintos servizos (que ocupan 1.632 metros cadrados útiles) son cómodas e permiten dar a mellor atención ás persoas usuarias. O Centro Sarela dispón de:

  • Salas polivalentes para o desenvolvemento de diferentes actividades.
  • Salas de fisioterapia.
  • Sala de estimulación multisensorial.
  • Despachos de psicoloxía, logopedia, terapia ocupacional e traballo social.
  • Sala de curas.
  • Comedor.
  • Cociña.
  • Piscina accesible.
  • Sala de actividade física.
  • Sala de formación.
  • Sala de informática.
  • Administración.
  • Terraza exterior.

Adaptado e completamente accesible, o centro conta con solucións tecnolóxicas avanzadas e dotacións postas ao servizo da atención das persoas como a sala multisensorial, o comunicador Tobii PcEye, a sala de informática ou a piscina, entre outras.


A sala multisensorial recrea ambientes accesibles física e cognitivamente que fomentan a estimulación dos sentidos, a interacción e a comunicación. Nela traballamos a comunicación, as emocións ou a interacción recreando ambientes e sensacións a través de estímulos visuais, acústicos e sensoriais. Está dotada de elementos como a cama de auga, fibras ópticas, canós de son e imaxe, panel interactivo etc.

O Tobii PcEye é un sistema de manexo do ordenador que se manexa cos movementos dos ollos. Funciona coma un rato e destaca pola súa grande precisión. Un uso fundamental é facilitar a comunicación persoal na vida cotiá e achega a posibilidade de interactuar en momentos importantes como é na atención médica, a valoración xurídica de incapacidade ou a declaración de últimas vontades, por citar só uns exemplos.

A piscina accesible está deseñada pensando especificamente para as persoas con problemas de mobilidade, incluso severos. Está equipada cunha grúa que permite chegar ao vaso directamente desde o vestiario. A auga, como todo o ambiente, está climatizada.


A sala de informática está dotada de adaptacións (ratos, teclados, pantallas etc) para que as persoas usuarias accedan aos dispositivos e ás súas funcións.

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.