• slide interiores

COLABORA CON NÓS

As persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias teñen en Sarela un recurso fundamental para a súa rehabilitación e o fomento da súa participación social. Pero Sarela tamén precisa axuda da sociedade e para iso hai moitas formas de colaborar con nós. Podes facerte socio/a, ter unha colaboración puntual ou participar no noso voluntariado.



ASÓCIATE

Facer que se coñeza a realidade desta discapacidade e ampliar os recursos para a súa atención é tarefa de todos e todas. Por iso é tan importante asociarse: unha pequena cuota pode contribuír a mellorar a calidade de vida dunha persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.

  • Folla de inscrición para asociarse
  • Formulario para asociarse a Sarela

  • Baixar ficheiro

 

Colabora

Sarela está declarada, desde 2008, asociación de utilidade pública. Esta certificación constitúe ante todo un recoñecemento ao traballo que desenvolve no seu día a día, pero supón tamén unha vantaxe para todas aquelas persoas físicas e xurídicas que queiran facer aportacións.

As persoas e entidades que colaboran deben lembrar solicitar o recibo que xustifica a súa aportación; este documento é fundamental certificar a doazón.


VOLUNTARIADO

Na sección específica nesta páxina dedicada ao VOLUNTARIADO tes toda a información sobre este programa.



En Sarela cremos que as persoas que axudan, comparten e invisten nos demais son máis felices. Demóstrao este experimento:

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.