• Sarela

Transparencia

A transparencia é un principio de boas prácticas básico para Sarela. Neste apartado detállase toda a información sobre actividades, contas, equipo técnico, xunta directiva, calidade, e calquera outra cuestión relacionada co funcionamento e estrutura da asociación.

Estatutos da asociación

  • Estatutos de Sarela
  • Texto dos estatutos da asociación coas modificacións aprobadas en Asemblea xeral extraordinaria do 2  de marzo de 2017

  • Baixar ficheiro

Utilidade pública

Sarela é unha asociación declarada de utilidade pública polo Ministerio de Interior desde o 19 de xuño de 2008. A certificación pódese consultar a continuación:

  • Declaración de utilidade pública
  • Certificación da declaración de Sarela como entidade de utilidade pública.

  • Baixar ficheiro

 

Calidade

O Sistema de Xestión do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica para persoas con dano cerebral adquirido de Sarela foi auditado e atopado conforme coa norma ISO 9001:2008. Así o acredita o certificado número ES070373-1 de Bureau Veritas. A aprobación orixinal foi o 12 de febreiro de 2010 e o certificado en vigor é do 14 de febreiro de 2016. Descárgase a continuación:

  • Certificado de calidade
  • Certificado de calidade emitido por Bureau Veritas.

  • Baixar ficheiro

 

Actividade económica

Sarela está dada de alta no rexistro de actividades económicas para activar o pagamento do IVA polos produtos que ofrece na tenda online. Certifícao este documento:

  • Alta no censo de empresarios, profesionais e retenedores
  • Alta como entidade vendedora; no rexistro de actividades económicas e modificación do IVE.

  • Baixar ficheiro

 

Plan Estratéxico

A asociación de Dano Cerebral de compostela dotouse dun Plan Estratéxico que rexe o seu traballo no período 2011-2013. Descárgase pinchando aquí:

  • Plan Estratéxico 2011-2014
  • Plan Estratéxico que rexe o traballo de Sarela no período 2011-2014.

  • Baixar ficheiro
    • Centro de Sarela

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.