• servizos sarela 795x180

Voluntariado

Que é unha persoa voluntaria?

Unha persoa voluntaria é alguén que colabora por medio de entidades públicas ou privadas estables e democráticas sen ánimo de lucro e de acordo con programas e/ou proxectos concretos de interese xeral. Esa colaboración é dun xeito altruísta, desinteresado e solidario, con carácter voluntario e libre e sen contraprestación económica.

A nosa visión do voluntariado.

A persoa voluntaria apoia ao profesional de modo que repercute favorablemente nas persoas usuarias ou na entidade. Quere isto dicir que a realización dunha actividade ou proxecto de Sarela non dependerá da existencia nese momento de voluntarios/as.

Eles e elas  ofrecen apoios ao equipo de profesionais polo que o seu obxectivo non é manter esa actividade ou proxecto senón que grazas á súa colaboración estes vanse desenvolver con máis reforzos.

Que podes facer como voluntario/a?

Todos os servizos e programas de Sarela están abertos á colaboración. As únicas condicións, como dixemos antes, é que ese traballo non pode ser substitutivo do dun profesional e que a súa participación debe ser activa, cunhas funcións claras e sempre con apoio e supervisión.

Contacta con nós

Se tes interese en colaborar con Sarela, cobre o seguinte formulario. De seguida obeterás resposta da técnica responsábel de Voluntariado, Majo Hermida.

Grazas por pensares en Sarela.

Sarela está incrita no rexistro de entidades de acción voluntaria da Xunta de Galicia desde marzo de 2007 co número de rexistro O-462.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.