• slide interiores

Voluntariado

Unha persoa voluntaria é alguén que colabora por medio de entidades públicas ou privadas estables e democráticas sen ánimo de lucro e de acordo con programas e/ou proxectos concretos de interese xeral. Esa colaboración é dun xeito altruísta, desinteresado e solidario, con carácter voluntario e libre e sen contraprestación económica.

QUE FAN AS PERSOAS VOLUNTARIAS EN SARELA?

Fundamentalmente axudan nas actividades que se desenvolven no Centro de atención diúrna terapéutica e apoian as actividades e programas que leva a cabo a entidade (sensibilización, divulgación, respiro familiar…).

FORMULARIO PARA CONTACTAR CON NÓS

Se tes interese en colaborar con Sarela, cobre o seguinte formulario. De seguida obeterás resposta da técnica responsábel de Voluntariado.

A asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela está incrita no rexistro de entidades de acción voluntaria da Xunta de Galicia dende Marzo de 2007 co número de rexistro O-462.

Grazas por pensares en Sarela.

Documentación sobre o voluntariado:

  • Razóns para ser unha persoa voluntaria
  • Exposición de motivos para facer voluntariado coas persoas con dano cerebral adquirido de Sarela.

  • Baixar ficheiro
  • Lexislación sobre voluntariado
  • Compilación do corpus lexislativo que intervén na relación entre o voluntariado e as asociacións.

  • Baixar ficheiro
  • Dereitos e deberes das persoas voluntarias
  • No documento recóllense as obrigas e os dereitos que regulan a actividade de voluntariado en Sarela.

  • Baixar ficheiro
  • Decálogo de Voluntariado de FEGADACE
  • Decálogo de Voluntariado das asociacións galegas de dano cerebral resultante do obradoiro desenvolvido o 6 de abril de 2014 no marco do II Encontro de Voluntariado de FEGADACE, en Vigo.

  • Baixar ficheiro
  • Manual de formación para voluntariado de Daño Cerebral Adquirido
  • Manual elaborado pola Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) con pautas de formación para as persoas voluntarias de Daño Cerebral Adquirido.

  • Baixar ficheiro

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.