• Imaxes centro sarela dano cerebral

SERVIZOS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS

Sarela  é desde o ano 2000 a referencia na área sanitaria de Santiago de Compostela na atención ao Dano Cerebral Adquirido (DCA). Os nosos principios son a atención individualizada, a abordaxe integral desde distintas especialidades e o contacto permanente coas familias.

Con estes principios, poñemos á vosa disposición os seguintes SERVIZOS e PROGRAMAS co obxectivo de acadar a máxima recuperación das persoas con DCA; mellorar a súa calidade de vida e buscar a súa reincorporación ao mundo sociolaboral ou académico; recibir unha información rigorosa e útil, e fomentar a súa prevención.

Con el ponse o foco nas familias desde o momento que se produce o dano cerebral. Ademais de proporcionarlles a información sobre o DCA, axudas e recursos tamén fomenta unha rede social de apoio e coidar o seu estado físico e mental.  [+ INFORMACIÓN]

É o centro de día para persoas en fase crónica ou de estabilización.Ten autorizadas 40 prazas pola Xunta de Galicia e nel proporciónase atención integral e especializada.Ten servizo de comedor e seu horario é de 9:30 a 17:30. [+ INFORMACIÓN]

 

 

 

Está formado por un equipo especializado en rehabilitación que valora, planifica e desenvolve a rehabilitación integral da persoa unha vez recibe a alta no hospital. O servizo atende a adultos e nenos/as en horario é de 9:30 a 17:30 h. [+ INFORMACIÓN]

Servizo orientado a aquelas persoas que se atopan na fase de estabilización tras o período de rehabilitación. As actividades dan continuidade á mellora e mantemento das súas capacidades. O horario é de 10:00 a 13:00 os luns e os mércores. [+ INFORMACIÓN]

O seu obxectivo é favorecer a inserción sociolaboral e académica así como a realización de actividades cotiás. Prepara á persoa en aspectos que fomenten a súa máxima autonomía así como as habilidades sociais.

 [+ INFORMACIÓN]

Esta actividade é un complemento terapéutico e lúdico ao proceso de rehabilitación. A piscina está climatizada e deseñada para as persoas con problemas de mobilidade e equipada cunha grúa que facilita a entrada na auga.

 [+ INFORMACIÓN]

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.