• Imaxes centro sarela dano cerebral

Este servizo está orientado a aquelas persoas con Dano Cerebral Adquirido que se atopan na fase de estabilización tras o período de rehabilitación. A través deste servizo pódense beneficiar das diferentes actividades que se propoñen de cara a continuar a mellora e/ou mantemento das súas capacidades e habilidades adquiridas ata o momento, facendo uso dos recursos comunitarios que temos ao noso alcance e favorecendo as relacións interpersoais co resto de compañeiros/as que comparten as actividades.

 

O horario é de 10:00 a 13:00 os luns e os mércores, tendo a posibilidade de acudir un ou dous día á semana.

 

Actividades

As actividades propostas están enfocadas a:

 

  • Realizar actividades físicas de forma máis dirixida, específica e adaptada ás necesidades individuais. Mediante as mesmas manténense as capacidades físicas adquiridas e redúcese o risco de enfermidades crónicas e a dependencia.

 

  • Potenciar as habilidades sociais e favorecer a toma de decisións, iniciativa e participación grupal. Compartir experiencias persoais con outras persoas que estiveron ou están na mesma situación e apostar por actividades que fomenten a inclusión e onde as persoas con DCA sexan parte activa do cambio.

 

  • Participar dos recursos do entorno comunitario sendo parte activa da sociedade.

 

 

 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.