• Asociacion-Dano-Cerebral-Compostela-Sarela

Servizo de Información, orientación e apoio a familias

A información e o apoio ás familias cunha persoa con dano cerebral adquirido son fundamentais ao ter que afrontar unha nova realidade que chega de forma brusca e inesperada.

O DCA ten un impacto moi grande non só na persoa con DCA senón tamén en toda a familia, principalmente na persoa que asume o rol de coidadora principal, véndose repercutida a calidade de vida. É por iso que en Sarela, ademais de dar atención á persoa con DCA, poñemos o foco na atención específica á familia ofrecendo información, formación e atención psicolóxica.

ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA

A persoa con DCA como o seu familiar recibe atención individualizada en Traballo Social e Psicoloxía de cara a resolver as dúbidas iniciais tras o DCA, informar e orientar na tramitación de axudas e recursos especializados, acompañar no proceso de aceptación da nova situación etc.

PUNTOS DE INFORMACIÓN ESPECIALIZADA EN DANO CEREBRAL

Ademais da atención na nosa sede en Santiago, Sarela achégase ás familias con DCA para dar información e orientación sobre como abordar a nova situación tralo DCA a través dos Puntos de Información especializados que temos localizados en diferentes concellos de xeito gratuíto:

imagen de sarela centro de dia

Hospital Clínico de Santiago

Localizado no que se coñece como Espazo asociativo do paciente, alí serán atendidas por unha traballadora social de Sarela e recibirán información sobre o DCA, dos recursos existentes así como das posibles adaptacións a realizar no domicilio, que complementan a información dada no hospital.

Horario de atención: todos os mércores de 15:30 a 17:30 horas.

 

Ribeira - Hospital da Barbanza

O punto informativo do Hospital da Barbanza en Ribeira, o segundo grande hospital público da área sanitaria, dá servizo aos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Porto do Son.

Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen dano cerebral adquirido

A Estrada - Centro de Saúde

O novo Centro de Saúde da Estrada (Avenida Benito Vigo, 110) acolle o punto de información da comarca de Tabeirós e dá servizo ao concello da Estrada.

Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen de sarela centro de dia

Arzúa - Sede de Servizos Sociais

A colaboración do Concello de Arzúa fai posible o funcionamento deste punto de información na sede de servizos sociais (rúa Consuela Agra, 6) e atende, ademais de a Arzúa, a Touro, Boimorto, Melide, Santiso, ToquesO Pino e Frades.

Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

Lalín - Lalín Arena

O punto de información está situado no Lalín Arena (Avenida José Cuíña, 42) grazas á colaboración do Concello de Lalín. Dá servizo aos concellos de LalínSilleda, Vila de Cruces, Dozón, Rodeiro e A Golada.

Horario de atención: o último mércores de mes de 10:30 a 13:30 horas.

Prégase concertar cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen dano cerebral adquirido

Mazaricos - Casa da Cultura

O punto de información está situado no 1º andar da Casa da Cultura (A Picota) grazas á colaboración do Concello de Mazaricos. Dá servizo aos concellos de Mazaricos, Santa Comba, Muros, Outes e Carnota.

Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

imagen de sarela centro de dia

Rianxo - Sede de Servizos Sociais Comunitarios

A colaboración do Concello de Rianxo fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12). Este punto atende á poboación de Rianxo, Dodro e Lousame.

Atención con cita previa no teléfono de Sarela 981 577 037.

 

ATENCIÓN GRUPAL

imagen de sarela centro de dia
 
imagen dano cerebral adquirido

A intervención coas familias ten como obxectivo principal reducir a sobrecarga que implican os coidados dunha persoa con DCA, proporcionando información, formación así como ferramentas que axuden no día a día como familiar e persoa coidadora.

Non é menos importante a creación dunha rede de apoio con outras familias que están nunha situación similar. Para iso desenvolvemos unha serie de actividades grupais como:

  • Sesións formativas sobre temas relacionados co DCA e o autocoidado.
  • Actividades grupais de autocoidado como ioga ou talleres de relaxación.
  • Actividades de respiro e ocio para persoas coidadoras (balneario, excursións…) que teñen como obxectivo a creación e desfrute de espazos propios de lecer e de desconexión, así como a posibilidade de relacionarse con outras persoas fora do seu entorno habitual.

INTERVENCIÓN COMUNITARIA

Sarela considera que é de vital importancia achegar a realidade do DCA a maior parte de poboación posible xa que, gran parte dos danos cerebrais poderían evitarse tendo en conta os factores de risco e tomando medidas preventivas. Por iso realizamos charlas divulgativas sobre diferentes temas relacionados co DCA en:

  • Centros educativos: colexios, institutos de secundaria, bacharelato e formación profesional, universidades etc.
  • Centros socioculturais.
  • Entidades ou programas relacionados coa saúde en xeral.
  • Centros deportivos.

Así mesmo, realizamos coordinación con profesionais e recursos sociosanitarios de cara a complementar e coordinar a atención da persoa con DCA e a súa familia.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información