• Imaxes centro sarela dano cerebral

REFORZAR AS CAPACIDADES E NON AS LIMITACIÓNS

A percepción maioritaria das persoas con DCA é que a súa calidade de vida deteriorouse a partir da lesión, reducíndose a súa actividade social. No ámbito laboral, segundo o ESTUDIO DANO CEREBRAL E INSERCIÓN LABORAL de 2016, o 72% dos/as enquisados/as declara ter dificultades extraordinarias para atopar emprego. Son dous datos que falan dos problemas que atopan estas persoas para normalizar a vida no seu entorno e reincorporarse ao mundo laboral. 

Este servizo promove a participación activa e directa das persoas con DCA na comunidade reforzando as súas capacidades e non as súas limitacións. 

Con cada persoa deseñamos unha atención individualizada encamiñada a favorecer a recuperación e adquisición dun maior grado de autonomía persoal e social, que debera ter como obxectivo principal a inserción laboral. No servizo trabállase:

Inserción sociolaboral a través de:

  • Orientación e formación para a busca de emprego traballando a alfabetización dixital, a elaboración de curriculums, a preparación de entrevistas, o coñecemento das ferramentas de busca de emprego etc.
  • Intermediación e información en empresas e outras entidades na busca de perfiles de inserción e demandas de emprego e a realización de prácticas.
  • Orientación e formación nos estudios, coordinándose cos orientadores do centro de estudios.

 

Axuste persoal.

Buscamos o fomento da autonomía persoal para a realización de actividades cotiás e de ocio no seu entorno social. Para iso procuramos mellorar as funcións executivas establecendo rutinas, aprendendo a dominar axudas e aplicacións que faciliten ese traballo etc. 

Habilidades sociais e estratexias para afrontar situacións.

adestramento en habilidades sociais ten como obxectivos que as persoas coñezan os seus puntos fortes e febles na relación cos demais e que desenvolvan un repertorio de condutas de utilidadepara os diferentes ámbitos da súa vida, incidindo especialmente no ámbito laboral.

Servizo cofinanciado por

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar Rechazar