• servizo orientacion laboral sarela dano cerebral

Servizo de Orientación Laboral

A percepción maioritaria das persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA) é que tras a lesión teñen unhas dificultades extraordinarias para atopar emprego, que se suman a outros obstáculos para normalizar a súa vida.

Coa formación axeitada, as adaptacións do posto de traballo, información de calidade e sensibilización do entorno laboral moitas persoas con DCA poden volver traballar.

O Servizo de Orientación Laboral promove a busca de emprego, a formación e a cualificación das persoas con DCA, reforzando as súas capacidades e reducindo as súas limitacións.

Que debemos traballar para posibilitar esa volta á actividade?

As secuelas que ten cada persoa son determinantes, por iso o equipo especializado de profesionais tenas en conta e traballa sobre elas. Do amplo abano de secuelas do DCA (motoras, sensoriais, cogniticas, afectivo/emocionais, condutuais etc) as de tipo cognitivo son as máis descoñecidas. Estas persoas poden ter, por exemplo, problemas de memoria, atención, planificación etc.

Como che pode axudar o Servizo de Orientación Laboral?

Este servizo especializado promove a participación activa das persoas con DCA no mundo laboral reforzando as súas capacidades. A través de entrevistas persoais e itinerarios personalizados de inserción realizamos o apoio integral e individualizado en cada unha das fases do proceso de inserción laboral:

  1. Definición do obxectivo e perfil profesional da persoa a partir dos seus intereses e capacidades.
  2. Elaboración do currículum vítae e cartas de presentación.
  3. Aprendizaxe de técnicas e recursos de busca de emprego e inserción laboral.
  4. Preparación de entrevistas de traballo.
  5. Asesoramento nos trámites administrativos se fora necesario.
  6. Adaptación do posto de traballo e acompañamento na incorporación á empresa.

Podo traballar se teño recoñecida unha Incapacidade Permanente?

Si. Se tes unha Incapacidade Permanente Total podes traballar nun posto diferente na mesma empresa ou nunha nova. Polo tanto, necesitarás apoio para este cambio.

Se tes unha Incapacidade Permanente Absoluta acompañámoste no proceso e nas posteriores comunicacións que teñas que realizar ao INSS (Instituto Nacional da Seguridade Social).

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información