• banner servizo sarela feb2020 795x180 2

RECOMENDACIÓNS E ACOMPAÑAMENTO A FAMILIAS NO PERÍODO DE CONFINAMENTO POLA COVID-19

Estimadas familias,

 

Dada a rapidez coa que se produciron os últimos acontecementos derivados do coronavirus, o equipo de profesionais reuniu unha serie de vídeos e fotografías xerais para que teñades unha referencia á hora de realizar transferencias, exercicios etc, e tamén haberá material enfocado á relaxación.

 

É importante na medida que poidades que adiquedes uns minutos ó día a vós mesmas/os.

Moitas xa estades a falar con profesionais de Sarela onde vos especifican a cales destes vídeos prestar máis atención.

 

Tamén están a preparar as táboas individualizadas para enviarvos aos correos electrónicos. Esperamos sexan de utilidade xa que o que pretendemos é, sobre todo, que saibades que estamos con vós, que podedes ver a cara da vosa profesional de referencia e mostrarlla ó voso familiar con DCA, intentando que isto sexa o máis levadío e desexando que pase o antes posible.

 

Estamos en contacto, e sentimos especialmente non poder cubrir de mellor xeito, nesta situación, a vosa enorme necesidade.

 

Unha aperta,

 

Equipo de Sarela

Santiago de Compostela a 17 de marzo de 2020

 

 

ALIMENTACIÓN E NUTRICIÓN

TRANFERENCIAS E POSICIONAMENTOS


A continuación, presentamos uns vídeos e imaxes onde amosamos a forma de dar apoio ao voso/a familiar durante unha transferencia. É importante evitar lesións e sobre esforzos, tanto do/a familiar coma da persoa con DCA.

Os cambios de posicionamento (cambio de cadeiras, acostado/a na cama, sofá,…) son importantes de cara a previr úlceras ou rixideces e dor por posturas mantidas.

Na mesa, manter unha boa hixiene postural, con ambos brazos sobre a mesa (incluído o cóbado).

Transferencias

Vídeo 1: Transferencia de posición sentada a de pé: [IR AO VÍDEO]

Vídeo 2: Transferencia de posición tumbada a sentada: [IR AO VÍDEO]

 

Posicionamentos


Na mesa: posición inicial.

 

Na mesa: cortando.

 

Na mesa: cruzar liña media.

 

Na cama: posición decúbito prono.

 

Na cama: posición decúbito lateral.

 

Na cama: posición decúbito lateral 2

.

ACTIVIDADE FÍSICA


Exercicios de equilibrio e marcha

Pautas: Despexar a zona de obstáculos para previr posibles caídas e realizar os exercicios con supervisión de terceira persoa en caso de risco de caída.

Vídeo 1: Cabaleiro  [IR AO VÍDEO]

Vídeo 2: Camiñar na punta do pé  [IR AO VÍDEO]

Vídeo 3: Camiñar co calcañar [IR AO VÍDEO]

Vídeo 4: Equilibrista [IR AO VÍDEO]

Vídeo 5: Equilibrio con pelota [IR AO VÍDEO]

Vídeo 6: "Superman" [IR AO VÍDEO]

Vídeo 7: Disociación cinturas [IR AO VÍDEO]

Exercicios de tronco

Pautas: Realizar dúas series de 10 repeticións. Intentar manter unha postura aliñada.

Vídeo 1: Extensores [IR AO VÍDEO]

Vídeo 2: Gato [IR AO VÍDEO]

Vídeo 3: Nado [IR AO VÍDEO]

Vídeo 4: Ponte [IR AO VÍDEO]

Vídeo 5: Superman [IR AO VÍDEO]

Vídeo 6: Disociación cinturas [IR AO VÍDEO]

Exercicios de estiramento dos membros inferiores

Pautas: Estiramentos para realizar de pé. Estira o músculo até que notes que comeza a tirar e mantén a posición 10 segundos sen realizar rebotes nin movementos bruscos.

Vídeo 1: Adutores [IR AO VÍDEO]

Vídeo 2: Cuadríceps [IR AO VÍDEO]

Vídeo 3: Xemelgos [IR AO VÍDEO]

Vídeo 4: Isquios [IR AO VÍDEO]


Exercicios de estiramento dos membros superiores

Pautas: podes realizar os estiramentos de pé ou sentado. Estira o músculo até que notes que comeza a tirar e mantén a posición 10 segundos sen realizar rebotes nin movementos bruscos.

Vídeo 1: Antebrazos [IR AO VÍDEO]

Vídeo 2: Escápulas  [IR AO VÍDEO]

Vídeo 3: Pectorais [IR AO VÍDEO]

Vídeo 4: Pectorais 2 [IR AO VÍDEO]

Vídeo 5: Tríceps [IR AO VÍDEO]

EXERCICIOS DE RELAXACIÓN PROGRESIVA

 

No seguinte vídeo [ACCEDER AQUÍ] presentamos algúns exercicios de relaxación pensados para que, a base de adestramento, as persoas cheguemos a ser capaces de distinguir cando os nosos músculos están ou non tensos. A idea disto é que sexamos capaces de relaxar a vontade os nosos músculos. Os exercicios pretenden ser unha introdución nesta técnica, xa que para facer un bo adestramento en relaxación debemos facelo cun profesional. Antes de comezar os exercicios, hai varias cousas que deberiades ter en conta:

 

  • Buscade un lugar cómodo na casa, coas mínimas distraccións posibles (pouca luz, reducir o posibles ruídos de fondo etc.). Poñédevos tamén roupa cómoda.
  • Os exercicios consisten en tensar e relaxar grupos musculares, pero coidado con facer sobre esforzos. Se notades molestias ou dor cando tensedes algún grupo muscular, deixade ese exercicio e pasade ao seguinte.
  • Se por algún problema de mobilidade ou sensibilidade non é posible facer algún dos exercicios, non vos preocupedes, practicade cos demais.

Nota:

Sarela conta coa colaboración de Fundación "la Caixa", a través dun convenio específico, para a atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.

 

 

LOGOPEDIA

Exerciciós para traballar a musculatura orofacial na casa. [IR AO VÍDEO]

EXERCICIOS DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA

A continuación, deixámosvos distintos enlaces, páxinas e aplicacións con exercicios de estimulación cognitiva para que poidades realizar na casa. Hai variabilidade en canto a dificultade, así que se algún dos enlaces non se adapta a vos seguide buscando no resto. Esperamos que vos sexan de utilidade!

Cuadernos de actividades descargables (podédelos imprimir):


Páxinas para facer exercicios online de estimulación cognitiva (son exercicios de acceso gratuito, ainda que algunha páxina ofreza máis exercicios pagando non é necesario):


Aplicaciones para móvil/tablet

  • "Entrena tu cerebro" (varias aplicacións, xogos de atención, memoria, razonamento, habilidade visual e coordinación). Dispoñible para Android e iOS. Facer a busca nas respectivas tendas. 

Outras actividades que se poden realizar para a estimulación das capacidades cognitivas:

  • Xogos de mesa ou de cartas.
  • Ver películas ou ler historias e despois facer preguntas sobre elas.
  • Puzzles.
  • Adivinanzas
  • Pasatempos: sopas de letras, buscar as diferencias, etc. Tamén podes encontrar actividades nesta páxina https://www.epasatiempos.es/

 

"GUÍA DE RUTINAS DIARIAS PARA MANTENER EL CEREBRO SANO" de Agredace (Asoc. de Daño Cerebral Adquirido de Granada"

[DESCARGAR AQUÍ]

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.