• banner-dano-cerebral-sarela-1300x250

Colaboración en Ames Radio

Sarela e Ames Radio (107.2 FM) colaboran no programa conducido por Juan Luis Silva para sensibilizar e informar sobre o Dano Cerebral. A través de entrevistas con profesionais da entidade, persoas usuarias dos nosos servizos, membros da xunta directiva, familiares etc abórdanse temas xerais e outros máis específicos sobre o DCA.

  • Programa 14 (21 de xuño 2023) - Análise da situación asistencial e social do DCA e retos do movemento asociativo

  • Nesta entrevista Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de Fegadace, fai un repaso sobre a situación das persoas e familias con dano cerebral desde o punto de vista social, asistencial etc e fala dos retos inmediatos e estratéxicos do movemento asociativo, e en particular de Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 13 (19 de abril 2023) - O programa de voluntariado de Sarela

  • Noelia Parente, educadora social, explica os principios que inspiran o programa de voluntariado de Sarela do que ela é responsable.

Loading Audio Player...

  • Programa 12 (15 marzo 2023) - O Servizo de Información, Orientación e Apoio a Familias

  • Laura Segade, traballadora social, fala da importancia de ter, á hora de afrontar a nova situación derivada do DCA, unha información adecuada sobre esta discapacidade, recursos existentes, apoio doutras familias etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 11 (15 febreiro 2023) - O Servizo de Orientación Laboral

  • Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral de Sarela, fala sobre a situación das persoas con DCA en idade laboral e do enfoque de traballo do Servizo de Orientación Laboral para acadar o obxectivo de que volvan traballar.

Loading Audio Player...

  • Programa 10 (21 decembro 2022) - O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social

  • Majo Hermida, terapeuta ocupacional, fala deste servizo, do que é coordinadora, e que está enfocado ás persoas que rematan o seu período de rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 9 (16 novembro 2022) - Como é un centro de día especializado en Dano Cerebral?

  • Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, fala da importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.

Loading Audio Player...

  • Programa 8 (19 outubro 2022) - Celebración do Día do Dano Cerebral

  • Olalla Domínguez, traballadora social de Sarela, fala sobre a celebración do Día do DCA e das reinvindicacións do movemento asociativo.

Loading Audio Player...

  • Programa 7 - Ames Radio (21 setembro de 2022) - A rehabilitación do dano cerebral

  • Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, explica o proceso de rehabilitación individualizada tras o DCA.

Loading Audio Player...

  • Programa 6 - Ames Radio (20 xullo de 2022) - As secuela cognitivas do DCA

  • A psicóloga Sonia Porto falas das secuelas cognitivas relacionadas co Dano Cerebral e que abranguen aspectos como á orientación espacial e temporal, atención, concentración, memoria, planificación, expresión e comprensión da linguaxe etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 5 - Ames Radio (15 de xuño 2022) - As secuelas condutuais e emocionais no DCA

  • Impulsividade, apatía, inhibición, axitación, irritabilidade, ansiedade, sentimentos depresivos etc. Estas son algunhas das alteracións que poden sufrir persoas tras o DCA. Noelia Ouro, psicóloga/neuropsicóloga, fala destas secuelas e da súa rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 4 - Ames Radio (18 de maio 2022) - Secuelas da comunicación

  • Marta Ferreiro, logopeda en Sarela, explica cales son as secuelas da comunicación, tanto as referidas á linguaxe como á fala, e a súa rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 3 - Ames Radio (20 de abril 2022) - Cales son as secuelas fisicas do DCA?

  • Emily Santalla, fisioterapeuta de Sarela, explica cales son as secuelas físicas do Dano Cerebral e que afectan por exemplo á execución de movementos, á regulación do ton muscular, á capacidade de manter o equilibrio ou á coordinación ou realización de movementos pero tamén poden supor dificultades para respirar ou afectar ao proceso de alimentación.

Loading Audio Player...

  • Programa 2 - Ames Radio (16 de marzo 2022) - Teño un familiar no hospital. Que podo facer?

  • Laura Segade, traballadora social en Sarela, fala sobre que podemos facer cando aparece  o Dano Cerebral e o noso familiar está no hospital, que dereitos nos amparan etc. 

Loading Audio Player...

  • Programa 1 - Ames Radio (16 de febreiro 2022) - O Dano Cerebral Adquirido e a súa atención especializada en Sarela

  • Julia Lodeiro, psicóloga/neuropsicóloga en Sarela, explica que é o Dano Cerebral (causas, secuelas...) e presenta o obxectivo social de Sarela e seus servizos de atención ao DCA.

Loading Audio Player...

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Máis información