• banner-dano-cerebral-sarela-1300x250

Colaboración en Radio Voz Compostela

Sarela e Radio Voz colaboran no programa Voces de Compostela presentado por Alberto González para sensibilizar e informar sobre o Dano Cerebral. A través de entrevistas con profesionais da entidade, persoas usuarias dos nosos servizos, membros da xunta directiva, familiares etc abórdanse temas xerais e outros máis específicos sobre o DCA.

Voces de Compostela pódese sintonizar na FM no 106.1 (Compostela), 88.8 (A Barbanza e O Son) e 97.3 (Muros).

  • Programa 15 (7 de xuño 2023) - Análise da situación asistencial e social do DCA e retos do movemento asociativo

  • Nesta entrevista Luciano Fernández, secretario de Sarela e presidente de Fegadace, fai un repaso sobre a situación das persoas e familias con dano cerebral desde o punto de vista social, asistencial etc e fala dos retos inmediatos e estratéxicos do movemento asociativo, e en particular de Sarela.

Loading Audio Player...

  • Programa 14 (3 de maio 2023) - Cales son os proxectos que desenvolve Sarela grazas á Xsolidaria, a recadación na declaración da renda destinada a actividades de interese social?

  • Laura Segade, traballadora social, fala os servizos e programas de atención ao Dano Cerebral de Sarela que son posibles en parte á achega a través do 0’7% do imposto recadado coa declaración da renda. Laura tamén aclara dúbidas sobre como marcar o cadro 106 na declaración, da posibilidade de, sen pagar máis nin desgravar menos, marcar tamén a da igrexa católica etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 13 (12 de abril 2023) - Colaborar como persoa voluntaria en Sarela

  • Noelia Parente é educadora social e responsable do programa de voluntariado de Sarela e explica cal é a visión deste tipo de colaboración en Sarela e como participar del. Acompáñaa Lía Piñeiro, que participa como voluntaria no mesmo.

Loading Audio Player...

  • Programa 12 (3 de marzo 2023) - O Servizo de Información, Orientación e Apoio e Familias

  • Laura Segade, traballadora social, fala da importancia de ter, á hora de afrontar a nova situación derivada do DCA, unha información adecuada sobre esta discapacidade, recursos existentes, apoio doutras familias etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 11 (1 de febreiro 2023) - O Servizo de Orientación Laboral

  • Noelia Parente, educadora social e orientadora laboral de Sarela, fala sobre a situación das persoas con DCA en idade laboral e do enfoque de traballo do Servizo de Orientación Laboral para acadar o obxectivo de que volvan traballar.

Loading Audio Player...

  • Programa 10 (4 de xaneiro 2023) - O Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social

  • Majo Hermida, terapeuta ocupacional, fala deste servizo, do que é coordinadora, e que está enfocado ás persoas que rematan o seu período de rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 9 (7 decembro 2022) - Como é un centro de día especializado en Dano Cerebral?

  • Alba Mouzo, terapeuta ocupacional e coordinadora deste servizo, fala da importancia deste recurso de atención integral e especializada ás persoas con DCA en fase crónica ou de estabilización.

Loading Audio Player...

  • Programa 8 – Radio Voz (5 de outubro de 2022) - A rehabilitación do dano cerebral

  • Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, explica o proceso de rehabilitación individualizada tras o DCA.

Loading Audio Player...

  • Programa 7 - Radio Voz (7 de setembro 2022) - As secuelas cognitivas no dano cerebral

  • A psicóloga Sonia Porto falas das secuelas cognitivas relacionadas co Dano Cerebral e que abranguen aspectos como á orientación espacial e temporal, atención, concentración, memoria, planificación, expresión e comprensión da linguaxe etc.

Loading Audio Player...

  • Programa 6 - Radio Voz (13 xullo de 2022) - As secuelas emocionais e condutuais do Dano Cerebral e a súa rehabilitación

  • Impulsividade, apatía, inhibición, axitación, irritabilidade, ansiedade, sentimentos depresivos etc. Estas son algunhas das alteracións que poden sufrir persoas tras o DCA. Noelia Ouro, psicóloga/neuropsicóloga, fala destas secuelas e da súa rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 5 - Radio Voz (1 xuño de 2022) - As secuelas de comunicación do Dano Cerebral e a súa rehabilitación

  • Marta Ferreiro, logopeda en Sarela, explica cales son as secuelas da comunicación, tanto as referidas á linguaxe como á fala, e a súa rehabilitación.

Loading Audio Player...

  • Programa 4 - Radio Voz (4 de maio 2022) - A X Solidaria

  • Coincidindo co inicio do prazo para presentar a declaración da renda Laura Segade, traballadora social, explica como marcar o recadro de fins sociais axuda á atención de familias con Dano Cerebral.

Loading Audio Player...

  • Programa 3 - Radio Voz (6 abril 2022) - Secuelas físicas e rehabilitación

  • Emily Santalla, fisioterapeuta de Sarela, explica cales son as secuelas físicas do Dano Cerebral e que afectan por exemplo á execución de movementos, á regulación do ton muscular, á capacidade de manter o equilibrio ou á coordinación ou realización de movementos pero tamén poden supor dificultades para respirar ou afectar ao proceso de alimentación.

Loading Audio Player...

  • Programa 2 - Radio Voz (2 marzo 2022) - Consellos para as familias nos primeiros momentos do DCA

  • Laura Segade, traballadora social, fala dos primeiros momentos aos que se enfrontan as familias cando están na fase hospitalaria do DCA e fala dos dereitos sanitarios e asistencias nese momento; fontes de asesoramento; estado afectivo e emocional da familia etc.

       

    Loading Audio Player...

    • Programa 1 - Radio Voz (2 febreiro 2022) - Presentación: o dano cerebral e a súa atención especializada en Sarela.

    • Ana Ruiz, terapeuta ocupacional e coordinadora do Servizo de Atención Especializada, explica que é o Dano Cerebral (causas, secuelas...) e presenta o obxectivo social de Sarela e seus servizos de atención ao DCA.

    Loading Audio Player...

    USO DE COOKIES

    Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
    Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

    Aceptar todas Configurar Cookies Máis información