Achegamos información relativa ao funcionamento dos Servizos Sociais dos concellos neste momento de confinamento polo COVID-19.
Por norma xeral, os Servizos Sociais manteñen o seu funcionamento pero con restricións na atención ó público. As citas que xa estaban programadas están sendo anulandas desde os Servizos Sociais de cada concello. cando o motivo da cita o permita.
Para aquelas persoas que necesiten poñerse en contacto coas/cos traballadoras/es sociais durante este tempo, pódeno facer de maneira telefónica ou por correo electrónico. En casos de urxencia farán unha valoración e derivarán aos servizos competentes.
Informar tamén que os prazos de axudas e trámites administrativos quedan todos suspendidos.
A FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral) ven de recopilar todas estas informacións nun breve listado que amosa teléfonos de contacto e outro tipo de servizos postos en marcha por cada un dos concellos galegos para atender á súa poboación. Esta información actualizarase coa introdución de novas medidas tomadas por cada unha das entidades locais. POodes descargar o listado completo nesta ligazón
A continuación detallamos os datos de contacto dos concellos da nosa contorna dos que tivemos coñecemento de accións específicas:
981 54 24 65. En horario de 9h a 14h.
A partir do venres 20 de marzo, o Concello de Santiago habilita o teléfono gratuíto 010 para centralizar as demandas de atención social. Funcionaría entre as 8:00 h. e as 20:00 h. Calquera persoa que non poida saír á rúa pode chamar a este teléfono que será atendido inicialmente por voluntariado de Protección Civil, e prestará especial atención ás persoas que viven soas e ás que teñen unha idade avanzada ou mobilidade reducida, coa finalidade de minimizar os riscos derivados da alerta sanitaria.
981 80 97 07 / 616 22 61 05 / servizossociais@teo.gal
MILLADOIRO: 981 53 59 41 / servizos_sociaismilla@concellodeames.gal
BERTAMIRÁNS: 981 89 09 64 / servizos_sociaisberta@concellodeames.gal
Servizo de axuda para as persoas que non poidan saír á rúa durante o estado de alarma para adquirir medicamentos, alimentos e produtos de primeira necesidade. Contacto:
Servizos sociais: de 8:00 a 15:00. Telf. 981 817 025 e 611 061 939
Protección civil. Só urxencias, de 15:00 a 8:00. Telf. 637 093 233
Servizo de axuda para as persoas que precisen axuda para abastecerse. Contacto:
Servizos sociais: de 9:00 a 14:00. Telf. 981 874 131
Protección civil: de 8:00 a 22:00. Telf. 981 876 029
Atención ao maior: horario permanente. Telf. 981 870 933
Servizo de axuda para as persoas que non poidan saír á rúa durante o estado de alarma para adquirir medicamentos, alimentos, produtos de primeira necesidade, xestións inaprazables ou resolver dúbidas administrativas. Contacto:
Servizos sociais:
Telf. 981 513 106
WhatsApp 655 552 559
Correo electrónico: ana.anta@boqueixon.es
Sarela conta coa colaboración de Fundación "la Caixa", a través dun convenio específico, para a atención de traballo social e psicoloxía a persoas e familias con dano cerebral adquirido.