• asociación de dano cerebral de compostela sarela 1300x250

O DCA

Que debo saber sobre o Dano Cerebral Adquirido?

O Dano Cerebral Adquirido (DCA) é a lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que, nacendo sen ningún tipo de dano no cerebro, sofren unha lesión nun momento posterior da súa vida.

Cando falamos de Dano Cerebral é fundamental diferenciar as causas que o provocan e as secuelas, que se presentan con diferente intensidade e en distinta medida en función da persoa. 

Principais causas

  • Ictus. É  a  primeira causa e pode ser isquémico (falta de irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo do sangue) ou hemorráxico (rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a unha suba da tensión ou a un aneurisma conxénito).

  • Traumatismo cranioencefálico causado por accidente de tráfico, laboral, deportivo, agresións etc.

  • Tumor cerebral

  • Enfermidade metabólica

  • Enfermidade infecciosa como por exemplo a meninxite.

  • Anoxia. É a falta de osíxeno no cerebro como consecuencia por exemplo dun afogamento, parada cardiorespiratoria, presión arterial extremadamente baixa, intoxicación etc.


Consecuencias


As secuelas do dano cerebral adquirido son diferentes e heteroxéneas, e xeran distintos tipos e niveis de discapacidade segundo a persoa e a lesión. Co DCA non falamos de discapacidade física, psíquica ou sensorial pois poden presentarse en diferentes graos segundo a persoa.

Estas secuelas podémolas clasificar, entre outras, en:

  • Motoras

  • Sensoriais

  • Cognitivas

  • Afectivo / Emocionais

  • Condutuais / Alteración do comportamento

No seguinte vídeo, elaborado por FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral), persoas con DCA e familiares explican as diversas secuelas nas que se manifesta esta discapacidade.

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información