• asociación de dano cerebral de compostela sarela 1300x250

Fases na atención

fases de atencion do dano cerebral - asociacion sarela

A atención á persoa con dano cerebral pasa por diferentes etapas desde o momento que se produce ata que se estabiliza.

  1. Fase crítica: é o momento no que se produce a lesión.
  2. Fase aguda: entramos no ámbito sanitario a través das unidades de coidados intensivos, unidades de ictus ou equivalentes co obxectivo de salvar a vida da persoa e mitigar as secuelas coas intervencións que sexan precisas.
  3. Fase subaguda: nesta fase dá comezo a rehabilitación específica de dano cerebral segundo as necesidades de cada persoa. A persoa afectada aínda é “paciente” pois seguimos nunha fase sanitaria e na que comezan a traballar as unidades de rehabilitación hospitalaria e ambulatoria.
  4. Fase crónica ou de estabilización: As secuelas estabilízanse, a persoa xa non precisa coidados médicos e pode volver ao seu domicilio. Neste momento a persoa pode volver ao seu traballo ou de ser necesario a un recurso comunitario como pode ser un centro de día. É o maior reto para esas persoas e as familias. Estas últimas teñen que asumir a responsabilidade de coidados e adaptar o fogar ás novas necesidades. 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información