Noticias

  • Reproducimos o manifesto reinvindicativo que, con motivo da celebración hoxe da Día Internacional da Muller, fai público a Fundación Cermi Mujeres, unha organización creada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) para a defensa e acción do pleno goce de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais das mulleres e nenas con discapacidade. Na fotografía da noticia, mulleres usuarias e profesionais de Sarela súmanse ao lema do manifesto “O futuro que queremos!”.

    Leer más
    08/03/2024
  • A colaboración do concello fai posible o funcionamento deste punto de información nas dependencias municipais de Servizos Sociais Comunitarios (Estrada de Tanxil, 12) e que tamén atende á poboación Dodro e Lousame. Súmase aos da Estrada, Ribeira, Arzúa, Lalín e Mazaricos que xa viñan funcionando. A atención será gratuíta e con cita previa que se pode concertar no teléfono de Sarela 981 577 037 ou a través dos servizos sociais dos concellos.

    Leer más
  • Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A quinta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 29 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.

    Leer más
    05/02/2024
  • O Servizo de Información, Orientación e Apoio a familias oferta diversas actividades destinadas ás persoas coidadoras. Hai actividades que se poden facer acompañadas e outras só de forma individual e todas poden realizarse en calquera momento ata final de ano. Entre as opcións hai balneario, almorzos e merendas, masaxes, obradoiros de cociña, restauración de mobles etc.

    Leer más
  • Esta mañá Sarela recibiu a visita do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e da conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, para coñecer os servizos de atención especializada en dano cerebral e escoitar as propostas tanto das persoas usuarias como da xunta directiva. Sarela transmitiu a necesidade de situar ao DCA no centro das políticas públicas sobre discapacidade (de sanidade, servizos sociais, emprego etc) dada a súa dimensión social.

    Leer más
    19/01/2024
  • Tras décadas de reivindicación e traballo da sociedade civil, encabezada polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), o Congreso dos Deputados aprobou o xoves 18 a reforma do artigo 49 da Constitución para substituír a palabra “diminuídos” pola expresión “persoas con discapacidade”. A reforma non é só un cambio lingüístico pois implica unha mudanza no enfoque da discapacidade na Carta Magna. Hoxe a reforma foi aprobada no Senado e entrará en vigor cando sexa publicado no BOE.

    Leer más
    19/01/2024
  • Os e as protagonistas volven ser persoas usuarias dos nosos servizos e este ano chaman a atención sobre o seu dereito á accesibilidade cognitiva. En 2024 Sarela traballará este tema ao consideralo imprescindible para que as persoas con discapacidade, e especialmente con Dano Cerebral, teñan semellantes condicións e oportunidades para desenvolverse plenamente en sociedade.

    Leer más
    10/01/2024
  • A Xunta de Galicia presentou onte o novo Proceso Asistencial Integrado (PAI) do dano cerebral adquirido (DCA) tras ano e medio de traballo dun grupo multidisciplinar conformado por profesionais das sete áreas sanitarias, especialistas de diversos campos e integrantes do terceiro sector. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) participou no proceso a través da súa directora, Begoña Hermida, e de Rocío García, directora de Sarela.

    Leer más
    13/12/2023

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Más información