Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Ao longo do mes de maio, a Federación Española de Dano Cerebral e as súas entidades membro lanzaremos nas nosas redes sociais pequenos vídeos que teñen como obxectivo dar resposta a varias cuestións que as persoas con Dano Cerebral e as súas familias teñen frecuentemente en canto ao cumprimento e defensa dos seus dereitos.
Semanalmente actualizaremos o contido desta nova cos vídeos e explicacións a cada pregunta.
A nova lexislación crea novas vías para que as persoas con Dano Cerebral poidan decidir os apoios que necesitan.
Un dos aspectos máis relevantes da Lei 8/2021 é que suprimiu a incapacitación xudicial. Anteriormente, cando unha persoa con discapacidade requiría de apoios para o exercicio da súa capacidade xurídica, iniciábase un procedemento xudicial para incapacitala.
Antes da reforma, o único mecanismo que recoñecía a lei cando unha persoa con discapacidade necesitaba asistencia ou apoio para exercitar un dereito era a incapacitación desta, o que supoñía paradoxalmente a privación da posibilidade de exercitar os seus dereitos. A nova lei dá moita maior capacidade xurídica ás persoas con discapacidade.
Para máis información sobre estas e outras dúbidas respecto a os dereitos das persoas con Dano Cerebral tes na web o seguinte material:
Contra a resolución expresa sobre recoñecemento de grao de discapacidade que dite a administración, pódese interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social no prazo de trinta días hábiles desde a notificación desta.
A reclamación previa -neste caso, a reclamación administrativa previa á vía xudicial- é un escrito de reclamación que se ha de presentar ante aquela administración que determinou o grao de discapacidade, con carácter previo á demanda por vía xudicial.
Nesta reclamación solicítase a modificación ou revogación dun acto administrativo. Neste caso, unha resolución negativa en materia de recoñecemento de prestacións. A reclamación previa é un trámite imprescindible para poder ir aos Xulgados do Social.
A valoración da capacidade laboral de persoas con Dano Cerebral en activo corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) a través dos seus Equipos de Valoracións Médicas.
O equipo de valoración de incapacidades (EVI) formulará o ditame-proposta tendo en conta o informe médico de síntese elaborado polos facultativos da dirección provincial do INSS e o informe de antecedentes profesionais.
Os directores provinciais do INSS ou do ISM, no seu caso, ditarán resolución expresa declarando o grao de incapacidade, a contía da prestación económica e o prazo para partir do cal se pode instar a revisión da incapacidade por agravación ou melloría.
En caso de ter recoñecida a súa discapacidade, as persoas con Dano Cerebral teñen dereitos laborais no seu posto de traballo como os seguintes:
Para ser beneficiario destes dereitos, é necesario acreditar o recoñecemento e grao de discapacidade a través das administracións públicas de cada Comunidade Autónoma, que expedirán o certificado.
Sobre a adaptación do posto de traballo á nova situación e capacidades tras o Dano Cerebral, atopámonos con dous artigos da “Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social” que nos indican o seguinte:
A nova Lei 8/2021 introduce novas figuras de apoio para as persoas con discapacidade. Estas medidas de apoio prestaranse atendendo á vontade, desexos e preferencias da persoa con Dano Cerebral, axudándoa no proceso da toma de decisións e promovendo que poida exercer a súa capacidade xurídica con menos apoio no futuro.
Os apoios son todo tipo de actuacións: o acompañamento amigable, as axudas técnicas na comunicación de declaracións de vontade, a ruptura de barreiras arquitectónicas e de todo tipo, o consello ou mesmo a toma de decisións delegadas.
As medidas de apoio adoptadas serán revisadas periodicamente a través dun expediente de xurisdición voluntaria, nun prazo máximo de tres anos e, en todo caso, ante calquera cambio na situación da persoa que poida requirir unha modificación destas medidas.
A garda de feito
Sempre que sexa posible, esta figura é a ideal porque é a máis informal das institucións de apoio. Un gardador de feito é a persoa que exerce o apoio doutra con discapacidade, sen que existan medidas voluntarias ou xudiciais que se estean aplicando eficazmente.
Só será necesaria a autorización xudicial cando o gardador efectúe actuacións de representación ou ben para prestar consentimento nos actos que impliquen risco para a vida, a integridade física ou a liberdade da persoa ao seu coidado, cando esta non poida prestalo.
O defensor xudicial
Emprégase esta figura cando a persoa con discapacidade requira o establecemento de medidas de apoio con carácter ocasional, aínda que sexa recorrente, ou nos casos en que se prevea a existencia de conflito de intereses entre a persoa con discapacidade e a que está encargada de prestarlle os apoios.
A curatela asistencial
No caso de que non exista outra medida de apoio suficiente para a persoa con discapacidade, é a curatela a institución á que acudir, sempre que a persoa que necesite apoio o precise de modo continuado.
Será a resolución xudicial a que determine o alcance concreto das medidas de apoio, sen posibilidade de incluír prohibicións de dereitos, e sempre atendendo á vontade, desexos e preferencias da persoa con discapacidade, sendo o curador o asistente que deba axudar á persoa con discapacidade a que exercite os seus dereitos.
A curatela representativa
Esta figura é excepcional e acudirase a ela no caso de que sexa absolutamente imposible determinar a vontade, desexos e preferencias da persoa. Neste caso, no exercicio das funcións de apoio, terase en conta a traxectoria vital da persoa con discapacidade, as súas crenzas e valores, así como os factores que ela tomase en consideración, co fin de tomar a decisión que adoptase a persoa en caso de non requirir representación.