Noticias

  • Desde hoxe e ata o 2 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas individuais do Concello de Santiago para uso do taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade, ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo. Cobren os gastos realizados desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2022. As persoas solicitantes deben estar empadroados e residir en Santiago.

    Ler máis
    19/04/2022
  • O proxecto está impulsado por FEGADACE, a Asociación Arousaman e o nadador Aitor de Luis do colectivo Batalla de Rande para a promoción do deporte acuático na abordaxe do dano cerebral, e para a organización dunha travesía a nado solidaria.

    Ler máis
    18/04/2022
  • Sarela continuou, no primeiro trimestre de ano, co programa Stop Fenda Dixital. Promovido por FEGADACE, está a desenvolverse nas cinco entidades galegas de dano cerebral.

    Ler máis
    13/04/2022
  • Hoxe as federacións e redes que representan ao Terceiro Sector galego na loita contra a pobreza e a exclusión social presentaron a campaña da X Solidaria facendo unha chamada á sociedade para que marque o recadro 106 de Actividades de Interese Social na súa Declaración da Renda. No acto leuse o manifesto conxunto das entidades e que se reproduce a continuación.

    Ler máis
    08/04/2022
  • Sarela celebrou na tarde do venres a súa asemblea xeral ordinaria na que tamén foron aprobadas as memorias económicos e de actividades de 2021.

    Ler máis
    28/03/2022
  • Minerva García fixo a entrega simbólica desta doazón a Concha Otero, vicepresidenta de Sarela. A cuarta edición desta travesía a nado na ría de Arousa celebrouse o 31 de xullo. A iniciativa naceu en 2015 grazas a Manuel Martínez “O Nacho”, unha persoa con DCA, que busca darlle visibilidade a esta discapacidade.

    Ler máis
    14/03/2022
  • O director do hotel OCA Puerta del Camino, Lalo Crespo, tamén fixo entrega esta mañá da recadación de 656,00 euros acadada no acendido solidario realizado nas instalacións do establecemento en Nadal, a Sarela, Asociación de Dano Cerebral de Compostela, representada pola súa vicepresidenta, Concha Otero, e o secretario, Luciano Fernández Pintor.

    Ler máis
    03/02/2022
  • Todas as persoas que formamos Sarela, persoas socias, xunta directiva, profesionais e persoas voluntarias, queremos desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada de ano. Con motivo destas celebracións, o centro de Sarela estará pechado desde o día 24 de decembro até o 9 de xaneiro, ambos incluídos. O luns 10 de xaneiro os servizos retomarán a súa actividade con normalidade.

    Ler máis
    23/12/2021

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar su experiencia y nuestros servicios, así como mostrarle, desde nuestro sitio web o los de terceros, publicidad basada en el análisis de sus hábitos de navegación. Si pulsa en aceptar, consideramos que admite su uso.
Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies.

Aceptar todas Configurar Cookies Más información