Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o presidente de Sarela, José Balboa, asinaron o 2 de agosto o convenio de colaboración que, cunha contía de 3.000 euros, subvencionará a actividade de terapia acuática e física do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica.
Hoxe as persoas usuarias do Servizo de Terapia Acuática retomaron a actividade despois de máis dun ano de parada. Esta actividade era especialmente sensible para volver debido ás propias características do medio e á forma en que se viña organizando o seu funcionamento.