Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
O 78% das persoas consultadas a través dun estudo sobre os recursos de atención ao ictus manifestaron que o descoñecemento ou falta de información foi o principal obstáculo que se atoparon para acceder aos medios de rehabilitación. O 31% sinalan tamén a dificultade dos trámites burocráticos e un 13% as barreiras económicas, constatando a ausencia de coordinación entre os servizos sanitarios e os do ámbito social.
Un ano máis, e van doce, Sarela celebra o venres 26 de outubro o Día do Dano Cerebral. O acto principal será a andaina que faremos desde a Alameda até a praza do Obradoiro onde leremos o manifesto no que recollemos o sentir e reivindicacións do movemento asociativo. Tamén teremos mesas informativas e outras accións de visibilización. Entra na noticia para ter máis detalles.
Como cada ano Sarela organiza un completo programa de actos para conmemorar o Día do Dano Cerebral adquirido (mércores 26 de outubro) e do Día do Ictus (sábado 29). Mesas informativas, cursos de formación, actos institucionais e música solidaria son algunha das actividades que detallamos a continuación.
O "Plan galego de atención ao ictus" incluirá o "Código ictus", o protocolo que busca a resposta sanitaria inmediata en caso de sufrilo.
Sarela compartiu espazo coa Sociedade Española de Neuroloxía no CHUS.