Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Xa podes descargar na web a actualización desta guía que se publica anualmente co obxectivo de facilitar información ás persoas que teñen responsabilidades familiares sobre as prestacións, beneficios e servizos que teñen á súa disposición no ámbito da Administración do Estado.
Con motivo desta conmemoración representantes de Cermi-Galicia foron recibidos no Parlamento de Galicia polo seu presidente e unha representación dos tres grupos parlamentarios. No recepción fixeron entrega do manifesto que o Cermi Estatal publicou hoxe e que se centra nos menores con discapacidade co título "“Nenas e nenos con discapacidade, inclusión desde o principio”.
Reproducimos o manifesto da Fundación Cermi Mujeres con motivo do Día Internacionall da Muller: "Hoxe, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, as mulleres e nenas con discapacidade non podemos deixar pasar a oportunidade para denunciar un ano máis a situación de exclusión ás que nos vemos sometidas de maneira sistemática como cidadás. Aínda cando nos últimos anos se produciron importantes avances na conquista formal de dereitos e existe na sociedade en xeral unha maior toma de conciencia sobre...