Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
Fíxoo durante a Xornada sobre Dano Cerebral de FEGADACE. Sarela participou na elaboración do PAI que, segundo a planificación do SERGAS, implantarase nas sete áreas sanitarias de Galicia na segunda metade de 2023. Na Xornada sobre DCA a asociación DisCamino tamén recolleu o 10º Premio FEGADACE - Miguel Blanco.
Alejandro, Carmen, Clara, Cristina, Fabián, Isabel, Jorge, José Ramón, Loli, María, Marina, Manuela, Marco, Michelle, Zeltia e Vicente son as persoas voluntarias que nos acompañaron durante 2022. No Día Internacional do Voluntariado as persoas usuarias dos nosos servizos quixeron agradecerlles o seu compromiso con Sarela facéndolles un pequeno agasallo en nome de todos e todas e transmitindo o que representan para elas e eles.
Con motivo do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade, que cada ano se celebra o día 3 de decembro, o Movemento social da discapacidade agrupado en torno ao Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) fai público o seguinte manifesto.