Subscríbete ao noso boletín
Recibe novas no teu email
No mes de xullo volve a travesía a nado Arousaman e Arousawoman, que naceu en 2015 como unha proba non competitiva para dar visibilidade ao DCA. Celebrarase o 29 de xullo e como noutras edicións os fondos recadados serán destinados a Sarela. Se queres colaborar coa Fila 0 poñemos á disposición un código Bizum para facelo.
A Deputación da Coruña concedeu a Sarela unha subvención de 36.800 euros dentro do “Programa FOCVAA: convocatoria do programa de subvencións a entidades sen fins de lucro para o mantemento de programas sociosanitarios durante o ano 2023”. A resolución foi publicada no BOP do 5 de xuño. Esta subvención afianza o Servizo de información, orientación e apoio a familias que é un elemento fundamental e gratuíto para as persoas e familias con DCA.
O programa de voluntariado de Sarela recibirá este ano 1.130 euros da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude para o desenvolvemento do proxecto “Voluntariado e acción”. En 2023 Sarela porá o acento en promover o voluntariado de persoas con dano cerebral na propia entidade pero sobre todo en recursos do entorno comunitario.
Tomar a palabra e participar de forma directa nos espazos sociais de representación da entidades é o obxectivo deste grupo formado por persoas con dano cerebral. Elas e eles serán persoas empoderadas e activas na relación con institucións, administracións, entidades empresarias, medios de comunicación etc para reivindicar os dereitos das persoas e familias con DCA, trasladar propostas para mellorar a súa situación e dar a coñecer a diversidade desta discapacidade.