As persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias teñen en Sarela un recurso fundamental para a súa rehabilitación e o fomento da participación social. Pero Sarela tamén precisa axuda da sociedade e para iso hai moitas formas de colaborar con nós. Podes facerte socio/a, ter unha colaboración económica puntual ou participar no noso voluntariado.
Facer que se coñeza a realidade desta discapacidade e ampliar os recursos para a súa atención é tarefa de todos e todas. Por iso é tan importante asociarse: unha pequena cuota pode contribuír a mellorar a calidade de vida dunha persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.
Sarela está declarada, desde 2008, asociación de utilidade pública. Esta certificación constitúe ante todo un recoñecemento ao traballo que desenvolve no seu día a día, pero supón tamén unha vantaxe para todas aquelas persoas físicas e xurídicas que queiran facer aportacións.
As doazóns por parte de persoas (sexan cotas de persoas asociadas, colaboracións puntuais etc) a ONGs como Sarela permiten desgravar ata un 80% do diñeiro achegado.
Ata 150 euros: pódese desgravar o 80% de todas as doazóns.
A partir de 150 euros:
Pero debemos ter en conta o seguinte:
Se colaboras con 60 euros ao ano
Se colaboras con 150 euros ao ano
Se colaboras con 180 euros ao ano
Se colaboras con 240 euros ao ano
Unha empresa pode deducir por donativos a unha ONG o 35% (co límite do 10% da base impoñible) da cantidade doada na cota do Impostos de Sociedades (IS). Esta dedución é do 40% para as doazóns realizadas a unha mesma entidade (por un importe igual ou maior) durante 3 anos.
Por exemplo, se doa 500€ desgravará 200 € se doou os dous anos anteriores, e 175€ se é o primeiro ou o segundo ano que colabora con Sarela.
Se colaboras con 500 euros ao ano
Na sección específica nesta páxina dedicada ao VOLUNTARIADO tes toda a información sobre este programa.