• banner servizos

Amosar por



Todas as etiquetas

  • Funcionamento do comunicador Tobii PcEye aplicado ao DCA. Asociación Sarela.

  • Ruth González, logopeda en Sarela, explica o funcionamento do Tobii PcEye. Este é un sistema de manexo do ordenador a través dos movementos dos ollos. Funciona coma un rato e destaca pola súa grande precisión. Un uso fundamental é facilitar a comunicación persoal na vida cotiá e achega a posibilidade de interactuar en momentos importantes como é na atención médica, a valoración xurídica de incapacidade ou a declaración de últimas vontades, por citar só uns exemplos.

  • Dimensións orixinais: 640x480
  •  
  • Asociación Sarela | Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral

  • Ismael Rama é usuario do noso centro de día. Ten dano cerebral adquirido debido as lesións tras sufrir un atropelo. O seu caso exemplifica os cambios tan grandes que supón para todo o entorno da familia atender a unha persoa cunha gran dependencia con dano cerebral. María José, irmá de Ismael, explícanolo.

  • Dimensións orixinais: 640x480
  •  
  • Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

  • Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza.

    A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Abrirche a porta das nosas casas. Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. Que é un punto e seguido para unha nova vida.

  • Dimensións orixinais: 320x180
  •  
  • Categories: FEGADACE
  • Asociación Sarela | Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral

  • “O gran problema do dano cerebral que non é visible é que a xente percíbete exactamente igual de como eras antes. Non ve o dano interior que realmente hai e non axuda nada ao paciente porque dinche “estás igual, estás coma sempre”, incluso, “estás mellor”. Marco, que participa no vídeo e exposición “Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido”, explica moi ben o que implica rehabilitarse e procurar normalizar a túa vida ao ter un dano cerebral sen secuelas visibles.

  • Dimensións orixinais: 320x180
  •  
  • Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido

  • Algunhas persoas defíneno como un abismo; un cambio enorme, un tsunami. Como algo que pon todo patas arriba. Como unha ferida. O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que cada ano se presenta nas vidas dunhas 7.000 familias galegas, dándolle a volta a proxectos vitais, parellas, amizades, veciñanza.

    A Federación e as asociacións galegas de dano cerebral queremos achegarte á realidade das persoas con dano cerebral adquirido. Abrirche a porta das nosas casas. Amosarche que o dano cerebral non é un punto final. Que é un punto e seguido para unha nova vida.

    www.fegadace.org
    #puntoeseguido

  • Dimensións orixinais: 320x180
  •  

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propios e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, asi como para mostrarlle no noso website, ou nos de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa a navegar, consideramos que acepta o seu uso.
Pode obter mais información na nosa Política de Cookies.