15 anos traballando polas persoas con dano cerebral adquirido

22/01/2016

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela cumpriu 15 anos en 2015 e celebrámolo cunha festa para os seus socios e socias.

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela cumpriu 15 anos en 2015 e celebrámolo cunha festa para os seus socios e socias o pasado mes de outubro. Ese día conmemoramos 15 de anos de duro traballo a favor das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias.
 
Foi unha xornada para o encontro das familias, das persoas usuarias, dos membros da Xunta Directiva e dos profesionais da asociación. Sarela aproveitou esta conmemoración para afianzar as súas relacións nos barrio do Traspaxonal e do Castiñeiriño, ao que se trasladou hai agora oito meses. Ademais da convivencia cos socios e socias, a festa serviu para coñecer mellor á veciñanza, comercio e asociacións establecidas nas rúas máis próximas a Pedro Cabezas González.
 

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información