Sarela ten presente todos os días do ano o traballo das persoas voluntarias que colaboran con nós. O Día Internacional das Persoas Voluntarias, tal como afirma a Organizacións de Nacións Unidas, supón unha oportunidade única para agradecer todos os esforzos realizadas polas voluntarias e voluntarios e súas organizacións e dar a coñecer os seus valores e logros nas súas comunidades.
En Sarela o programa de voluntariado é un dos eixos da súa acción pois permite non só achegar, por parte das persoas voluntarias, o seu coñecemento e traballo en beneficio das persoas con dano cerebral adquirido senón tamén porque é unha forma de dar a coñecer esta discapacidade e entidade.
Se queres coñecer máis do noso voluntariado podes entrar en www.sarela.org/voluntariado e ver a nosa filosofía e principios. Este programa é transversal a toda a entidade polo que quen queira colaborar seguro que ten encaixe nalgúns dos nosos servizos. Unha das condicións é que o traballo da persoa que axuda voluntariamente non pode ser substitutivo do dun profesional e que a súa participación debe ser activa, cunhas funcións claras e sempre con apoio e supervisión.
Outra das perspectivas da que máis orgullosa está a asociación é que o programa de voluntariado serve para que persoas con dano cerebral adquirido poidan facer voluntariado noutras entidades sociais da cidade.
Se tes interese en colaborar con Sarela, cobre o seguinte formulario. De seguida obterás resposta da técnica responsábel de Voluntariado, Majo Hermida.