5 de decembro | Día Internacional do Voluntariado

07/12/2022

Alejandro, Carmen, Clara, Cristina, Fabián, Isabel, Jorge, José Ramón, Loli, María, Marina, Manuela, Marco, Michelle, Zeltia e Vicente son as persoas voluntarias que nos acompañaron durante 2022. No Día Internacional do Voluntariado as persoas usuarias dos nosos servizos quixeron agradecerlles o seu compromiso con Sarela facéndolles un pequeno agasallo en nome de todos e todas e transmitindo o que representan para elas e eles.

Sarela ten presente todos os días do ano o traballo das persoas voluntarias que colaboran coa entidade. O Día Internacional do Voluntariado, tal como afirma a Organizacións de Nacións Unidas, supón “unha oportunidade única para agradecer todos os esforzos realizadas polas voluntarias e voluntarios e polas súas organizacións así como dar a coñecer os seus valores e logros nas súas comunidades”.

En Sarela o programa de voluntariado é un dos eixos da súa acción pois permite non só achegar, por parte das persoas voluntarias, o seu coñecemento e traballo en beneficio das persoas con dano cerebral adquirido senón tamén porque é unha forma de dar a coñecer esta discapacidade e entidade.

Se queres coñecer máis do noso voluntariado podes entrar en www.sarela.org/voluntariado e ver a nosa filosofía e principios. Este programa é transversal a toda a entidade e unha das condicións é que o traballo da persoa que axuda voluntariamente non pode ser substitutivo do dun profesional e que a súa participación debe ser activa, cunhas funcións claras e sempre con apoio e supervisión.

Sarela na actualidade ofrece a posibilidade de participar como voluntario/a a través do voluntariado presencial na nosa sede ou do voluntariado virtual. Podes consultar a oferta dos postos de acción voluntaria neste enlace.

Categorías: Voluntariado

USO DE COOKIES

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, así como mostrarlle, desde o noso sitio web ou os de terceiros, publicidade baseada na análise dos seus hábitos de navegación. Se pulsa en aceptar, consideramos que admite o seu uso.
Pode obter máis información na nosa Política de Cookies.

Máis información